TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

26/11/11

Memoria visual do ano 2011, nos cineclubes de Galicia

Resumo Visual 2011



Clipe de 2 minutos e medio, cun resumo visual dos filmes proxectados durante o ano 2011 nas 22 pantallas dos cineclubes asociados a Federación de Cineclubes de Galicia; en total foron unhos 40.000 espectadores os que tiveron a oportunidad de ollar unha selección de filmografías de 35 países, fitas a maioría en versión orixinal subtitulada, e que ben seguro, en moitos espertaron sentimentos, conciencias, bágoas ou sonrrisos. A banda sonora deste clipe pertence a Sam Roberts «The Canadian Dream» extraído do seu traballo We Were Born in a Flame.


Video: You Tube [. mp4 • 8'22 Mb]


Imaxes de películas con dereitos reservados © a favor dos seus autores. Os fotogramas recollidos se acollen ao dereito de cita ou ilustración. No caso de opoñerse á curta exposición de ditos fotogramas, diríxanos un correo electrónico para súa eliminación.

01/11/11

Encontro de cineclubes 2011



O vindeiro fin de semana, 5 e 6 de novembro, xuntáranse cineclubes de toda Galicia, Portugal, e unha representación do audiovisual galego, e da Federació Catalana de Cineclubs.

O punto de encontro será en Ourense, no Auditorio Municipal, e servirá para o debate do sector audiovisual, especialmente no sector cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes, e ao mesmo tempo para reclamar unha política audiovisual á Xunta de Galicia, que carente de estratexias, quere deixar sen apoios ao cineclubismo galego.

O programa [.pdf • 620 Kb], se completa entre outras, coa proxeccións de filmes, unha conferencia sobre a distribución cinematográfica, impartida polo produtor, crítico e xornalista; Pepe Coira, e un concerto tributo ao poeta Lois Pereiro, polo grupo Ondas Martenot.

Podes consultar, e descargar o programa…

program encontros cc2011 ourense [.pdf • 620 Kb]

cartaz Encontros Ourense 2011

O encontro servirá tamén para presentar o memorandun dos cineclubes de Galicia, nos dous últimos anos, do que extractamos a continuación un adianto.

A morte pola incompetenza e a ignorancia da Xunta de Galicia




«Queren matar a cultura de base, e así convertir a Galicia, nun exemplo mundial de referencia, ao desprotexer a formación e a cultura cinematográfica dos cidadáns, desprezando aos espectadores actuais, e esquencendo a débil situación da industria audiovisual, ao anular a proxección da actividade cineclubista de xeracións futuras»

(, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e secretario do cineclube «Padre Feijoo» de Ourense)

Os , son as principais institucións cinematográficas nas vilas e cidades nas que radican. A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», agrupa a case duas ducias de , que se estenden por case todas as comarcas de Galicia, fronte a inexistente rede pública de salas que proxecten cine («not theatrical» ou cine independente, de autor, documentais, curtas… etc.)

Ademáis os cineclubes, cumpren unha función formativa e cultural, que non existe garantida por parte de actores privados, e onde a Administración tampouco a oferta, agás na cidade da Coruña, por medio do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), que pagamos todos os galegos, pero que solo programa nunha cidade.
A Xunta de Galicia, desde aproximadamente 20 anos, —os mesmos do CGAI— colaboraba coa actividade dos cineclubes, mediante a firma dun convenio coa rede galega de cineclubes federados, ao obxecto de fomentar a formación e difusión cinematográfica, a proxección de obras galegas e apoio a actividade cultural propia, que o CGAI non ofrecía, polas comarcas e cidades do resto de Galicia.

A relacións cos diferentes gobernos, non sempre foron fáciles, aínda que o interlocutor era sempre algún órgano dependente da presidencia, as cantidades comprometidas variaban, entre 60-30, e 24 mil euros (in extremis), no último ano.

Froito dunha falta de estratexia e política audiovisual, nesta lexislatura, os interlocutores foron mudando; primeiro a Secretaria xeral de medios, dependente do Presidente da Xunta, segundo o Consorcio Audiovisual de Galicia, e logo para finalizar un periplo de oito meses; na Consellería de Cultura e o responsable do Agadic.

Sen embargo, pasouse da importancia capital na cultura cinematográfica, recoñecemento da labor desenvolta, —con case 50 anos en algún dos cineclubes galegos—, a comunicar se nos, por medio dunha triste… e a bo seguro funcionaria «responsables dos marróns», (da Axencia Galega de Industrias Culturais -?!-), que este ano; « é difícil, que hai moita crise…e que polo tanto… » non habia orzamento posible. Cero.

Resulta paradóxico, que nunha entrevista co Conselleiro e o responsable do Agadic, Juan Carlos Fasero, dixeran que era «inexplicable a falta de apoio do Consorcio do Audiovisual, porque tiña que haber prioridades…»

Resulta que, nos 10 meses transcurridos, ninguén soupera da crise, e utilice a mesma, como argucia, sen máis argumento, para explicarlle aos 22 cineclubes; sen máis información que ofrecer, aos espectadores do , , ou , que non só perderán un cineclube, senón tamén a posibilidade de ver cine.

Talvez, os administradores da cousa pública, non se decaten do volume de negocio que pode desaparecer dentro da industria cinematográfica, por canto arredor de 189 mil euros como mínimo deixaran de ingresar as productoras e distribuidoras, pola desaparición dos cineclubes. Seguramente, acostumados as grandes cifras do , o Xacobeo etc., pensen na pouca importancia, e mesmo desprezen o volume de espectadores acumulados nos últimos anos (máis de 58 mil), pero coa desaparición dos cineclubes, pérdese, aparte da cultura cinematográfica, e nalgunhas vilas; a costume do cine, censúranse ao mesmo tempo, as oportunidades artísticas e a transversalidade que posúe o cinema na educación.

Con todo, a pesar dos parches que se escoitan reclamar da industria, seguiremos a escoitar sobre o pirateo do cine, sen reparar na oferta cinematográfica que se ofrece habitualmente nos multicines —operados polas multinacionais—, e sen analizar outras formas de distribución alonxada do . Así, quen sofre é a producción propia dun país, que non pode acceder nas mesmas condicións, e que ata agora era visible na digna e humilde presencia das xanelas que podían ofrecer os cineclubes.

Lóxicamente na situación actual, hai prioridades, e entederíamos os recortes para garantir, as pensións, a sanidade a educación… pero dentro da labor cultural, non se entende as inversións soamente nunha cidade, e abandonar ao resto; porque aparte da súa desigualdade territorial provoca unha inxustiza, con respecto a outras actividades patrocinadas pola Administración, por exemplo; a visita do Papa, o Xacobeo, ou mesmo as actividades «estrelas» para visitar a cidade «da cultura», convertido a xestión cultural, nun canastro cheo de vacuidade e publicidade.

Deste xeito, directa e indirectamente, se perderán futuros espectadores, perderá a propia industria cinematográfica, os postos de traballo, directos e indirectos… e sobre todo, pérdese no futuro, o traballo cultural presente, e o desenvolto ata agora; gañando para os anais da historia do cine en España, que Galicia, foi a primeira comunidade do estado, en liquidar os cineclubes, pola desidia dos seus administradores.



Nota: Esta artigo, enviouse aos medios de comunicación de Galicia, como nota de prensa, xunto cun memorandum da actividade dos cineclubes de Galicia, durante os dous úlimos anos.

Lamentablemente hai que dicir, que foi censurado e ninguneado, supoñemos por non molestar á institución… que rega con abundantes cartos dos galegos a supervivencia dun modelo de xornalismo, que así lles vai.

05/10/11

Carta aberta (a quen corresponda)



Estimados e estimadas,

O pasado ano, realizamos u esforzo adicional ao habitual.

Aparte da labor habitual, para preparar e fornecer proxeccións aos cineclubes de Galicia, tivemos que convencer as que gobernan da utilidade e funcións dun cineclube.

Non estivemos sós no esforzo, porque pedísmolle ás distribuidoras de cine independente, que mandaran unha carta ao Presidente da Xunta, para que non remataran en seco coa traxectoria dos cineclubes galegos.

A finais do ano pasado, in extremis, recibimos unha mínima axuda, para manter a infraestrutura da Federación, que consiste básicamente, no pago de aluguer da sede e o salario da xerente, encargada das relacións coas distribuidoras, que ten un contrato de media xornada.

Este ano, despois de tentar descubrir, para que sirve o Consorcio do audiovisual de Galicia e a quen sirve «un presidente dun Consorcio que nin siquera é capaz de defender o seu posto de traballo», amparamos á nosa solución directamente ao presidente da Xunta, para que sen intermediarios, nos derá unha solución definitiva. Fumos derivados ao Conselleiro de Cultura e ao ourensán responsable do Agadic.

Nunha xuntanza típica, chea de boas intencións e parabéns á labor cineclubística, con preguntas sen resposta do conselleiro, polo falta de seriedade e prioridades do consorcio, chegamos a un compromiso; agardar un pequeno prazo, para buscar unha solución.

Seríamos avisados, -nos daba igual que fora por carta, correo electrónico, pomba mensaxeira ou mesmo, por darlle un toque máis cinematográfico, ata estaríamos dispostos a comprar un zapatófono para recibir unha solución.

Ramón Villares, Roberto Varela e JC. Fasero
Os próceres da Cultura, auguraron fai pouco o gran potencial da industria cultural
Despois dun mes, só se nos pon ao teléfono á secretaria. Nos di, que hai unha crise económica, e comprenderedes, que non é necesario saber, que dentro das prioridades da Xunta, polo visto estan traer o Papa ou o David Meca, antes que gastar 24 mil euros ao ano, en 22 cineclubes repartidos en toda Galicia.

Así, que sirva esta carta aberta, aos reis, aos republicanos, aos cidadáns,… para advertir, que se nos cineclubes…non vedes cousas incribles, é porque chegou o tempo de chorar, e queren que isto, sexa o tempo para morrer.

Máis aló de Orion ou das portas da cidade da cultura, veredes as prioridades culturais, veredes tamén falar dos dereitos das compañias á horade esixir dereitos á propiedade intelectual, pero nunca falarán dos dereitos dos espectadores, do acceso cultural, ou da (in) formación dunha opinión, porque, así non nos queren.

Necesitamos vintecatro mil euros ao ano, para seguir traballando polo cine independente e de calidade nos cineclubes de Galicia, e queremos algún gobernante responsable que acuda aos compromisos culturais adquiridos; sei que ao mellor e moito pedir, pero vendo o patio, conformámonos con facer oportuna camapaña de renovación dos cargos dos informais, escuridos ou imbéciles, que non nos entenden, e non queren, e conquerir, os cartos para seguir cun traballo de dinamización cultural e cinematográfico, que nalgunha cidade dura xa más de 40 anos.

31/05/11

RIP! A Remix Manifesto (VOSG)



O documental posúe unha licenza Creative Commons para a súa distribución, sendo a presente versión subitulada en galego (VOSG).

O sitio oficial «opensourcecinema.org»* onde se aloxaba o proxecto, está fora de liña e, neste outro sitio, pode visionarse en inglés, facer doazóns ou acceder ás remesturas.

* Enderezo fora de liña, liga co sitio archive.org da organización IA (Arquivo de Internet).



Rip! A Remix Manifesto

Titulo orixinal:
Rip! A Remix Manifesto

Lingua: Inglés · VOSG

Ano:

País:

Duración: 80  min.

Director:

Guión: Brett Gaylor

Música:

Fotografía:

Reparto:

Produtoras:
Eye Steel Film / National Film Board of Canada (NFB)

Xénero: ,

Máis info: Film Affinity



Sinopse: Documental realizado por Brett Gaylor, o cal quere filmar un documental sobre «Girl Talk». Porén descubre que pode ser acusado de criminal, porque «Girl Talk» fai remesturas.

O documental, traza entón o pasado, o presente e o futuro dos conceptos da propiedade intelectual, o copyright, o , e cuestiona o marco actual, que restrinxe a orixinalidade, a creatividade e, en última instancia, a cultura.






Video: You Tube [. mp4 • 298 Mb]



07/03/11

Un espazo para as novas do cineclubismo



logo Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»

Estamos a crear un espazo para as novas da «Feciga» Federación dos Cineclubes de Galicia.

O noso blogue: http://cineclubesdegalicia.blogspot.com
Con tecnoloxía de Blogger.