
A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» en concerto coa Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans na parroquia do mesmo nome en Porriño, programan un circuito de proxeccións coas curtas seleccionadas a concurso na edición deste ano; será catro días despois de rematar o certame, entre os días 9–13 de setembro (de mércores a domingo), nos cineclubes —ordeados pola data de proxección— seguintes:
Ádega (mércores 9) en Vilagarcía de Arousa, Lumière (mércores 9) en Vigo, Cangas (mércores 9 e xoves 10) na vila do Morrazo, Groucho Marx (xoves 10) no Barco de Valdeorras, Os Papeiros (venres 11) en Garabelos, Val Miñor «Alice Guy» (sábado 12) en Nigrán, Padre Feijoo (sábado 12) en Ourense e Carballiño (sábado 12 e domingo 13) na vila do Arenteiro.
O prezo (da cota de acceso) é de 4 euros en tódolos cineclubes participantes e a recadación vai integramente destinada a unha das curtametraxes, escollida por un xurado entre os cineclubes da «Feciga» (e que nomeadamente forma un galardón con este mesmo acrónimo), aínda que, gañadoras/es deberían ser todas/os as/os participantes, agardamos que unha sóa curta obteña dito premio.
Perante a nova normalidade que nós toca vivir, é posíbel que o acceso se vexa restrinxido tanto na capacidade do lugar como na necesidade de realizar unha reserva previa, consulta nos sitios web e redes sociais dos devanditos cineclubes, o horario e o protocolo de seguridade ao respecto obrigadas pola Covid-19, máis subliñar que, aparte das normas xerais expostas á entrada, é obrigatorio utilizar a máscara correctamente colocada durante toda a proxección.
Ademáis dos pases nos cineclubes citados nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, tes a oportunidade tamén de velos traballos da selección oficial do festival (talvez, o máis popular de Galicia), no Centro Galego de Artes da Imaxe «CGAI» da Coruña, proxectando a escolma competitiva nun par de sesións: o xoves 10 e venres 11 de setembro (2020) ás 19:30 h. (CUT+2) do serán e con acceso de balde.
Tamén está previsto a exhibición en liña, a partires do día 17 de setembro e durante 4 días, na modalidade de pagamento por visión en Vimeo.