TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

12/03/15

Convenio de colaboración · 2015


A Axencia Galega das Industrias Culturais «Agadic» e a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento neste ano, dun programa de ciclos e semanas de cinema, nunha ducia de localidades en Galicia, mediante o que a da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe con 24.000 euros co obxectivo de contribuir ao mantemento dunha programación estable nos cineclubes galegos, e impulsando a súa labor de difusión cultural e da produción galega en particular.


Convenio Feciga-Agadic
O director da «Agadic» Jacobo Sutil e o presidente da «Feciga» Manuel Precedo no momento de asinar dito acordo. Imaxe: Agadic


A «Feciga» agrupa a práctica totalidade dos cineclubes existentes en Galicia, botou a andar en 1984 e, desde entón, vén funcionando como xestora destas asociacións, ao tempo que presta servizos de asesoramento e organiza proxectos de difusión cinematográfica con diferentes entidades públicas e privadas. Este labor de promoción é especialmente destacado no caso do cinema galego, que se exhibe tamén en Portugal en colaboración coa Federação Portuguesa de Cineclubes.

Con tecnoloxía de Blogger.