TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo…

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid
Amosando publicacións coa etiqueta Padre Feijoo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Padre Feijoo. Amosar todas as publicacións

14/09/20



Fai 50 anos que o cineclube Padre Feijoo fundouse en Ourense, en setembro de 1970 na , da que recolleu o seu nome.

Para dita ocasión, queríamos realizar un «Encontro» festivo dos Cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén a prudencia e circunstancias actuais, aconsellan unha celebración moito máis austera do que tiñamos pensado celebrar, será o vindeiro sábado 19 de setembro (2020) e deseguido tedes a programación.

Gostaríanos contar coa presenza de todas as persoas cineclubistas, en particular do Padre Feijoo para conmerorar o seu 50 aniversario, compartindo as vosas experiencias, ilusións e os nosos retos e impericias, degoirados con aprender todos e todas das vosas e nosas vivencias.
A capacidade para as diferentes localizacións (restaurante e cinema), pola situación da Covid-19, son limitadas, polo que precisamos formalices a reserva (e acompañante/s que desexes convidar) no seguinte formulario; calquera suxestión, solicitude ou preferencia (no menú, necesidades especiais…), non dúbides en facelo constar no campo das observacións.



Programa «Encontro de cineclubes» (1970–2020: 50 anos do CCPF)



venres 18 de setembro


21:00 h.  Proxección do primeiro filme (que coñezamos) que proxectou o cineclube Padre Feijoo

«Nueve Cartas a Berta» (Nove Cartas a Berta) de (España, 1966) · VO / castelán

Fotograma: Nueve Cartas a Berta
O primeiro filme do director castelán únese ao chamado «novo cinema español», un movemento renovador que ao final non tivo a merecida continuidade. A fita comeza cos versos do poeta Antonio Machado: «Esta é a historia dun español que quere vivir e comezar a vivir».
Acadou a Cuncha de Prata no Festival Internacional de Cinema en Donostia.

Fotografía: Luis Enrique Torán
Guión: Basilio Martín Patino
Música: Carmelo A. Bernaola & Gerardo Gombau

Reparto: Emilio Gutiérrez Caba, Montserrat Blanch, Mary Carrillo, Antonio Casas, José María Casaux, Manuel Domínguez Luna, María Elena Flores, Rosa Fúster…

Premios: Festival de San Sebastián: Cuncha de prata á mellor ópera prima (1966)

Sipnose: Anos cincuenta. Lorenzo é un estudante salmantino que acaba de pasar un verán en Inglaterra, onde descubriu outras formas de vida e outros horizontes, ademais de coñecer a Berta, filla dun exiliado, pola que sente atraído. Ao seu regreso, o ambiente tradicional da súa familia, os seus amigos e a súa noiva resúltanlle atafegantes. Agudízanse as súas inquietudes en cartas dirixidas a esa Berta que quedou no estranxeiro


Evento de balde e limitado no aforo (capacidade máxima: 40 persoas). RESERVA A TÚA BUTACA




sábado 19 de setembro


11:30 h.  Presentación das actividades relativas ao 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


12:00 h.  Homenaxe aos cineclubistas e amigos/as do CCPF 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


14:00 h.  Xantar de confraternidade 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter restrinxido, para convidados/as con reserva previa e limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


16:00 h.  Tertulia café «Historias de Cinema na Auria» 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter aberto, con limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


18:00 h.  Despedida. Non pechamos a luz! Proxección do CCPF 

«Talking About Trees» de Suhaib Gasmelbari (Francia-Sudán-Chad 2019) · VOSPt / francés

Fotograma: Talking About Trees
Coa colaboración do Institute Français. O filme segue os esforzos do «Sudanese Film Club», representado polos cineastas xubilados Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi por reabrir un cinema ao aire libre na cidade de Omdurman ante décadas de censura islamista e burocracia ineficiente.

Fotografía: Suhaib Gasmelbari
Guión: Suhaib Gasmelbari
Xénero: documental

Reparto: Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi

Premios: Berlinale: Premio do documental orixinal e premio do público (2019)

Sipnose: Catro homes falan á luz das candeas, xa que a compañía eléctrica nacional cortou a subministración na zona, nunha especie de rexeitamento metafórico do propio cinema, as imaxes saltan por un estudo de radio. Ibrahim di que o cinema é un heroe «que pode morrer por morte natural ou ser asasinado por un traidor». A polémica aínda rodea o réxime ditatorial islamista, mentres que a paixón pola industria do cinema segue a ser forte. Viaxando nunha antiga e enferruxada caravana, os catro amigos chegan á praza dunha cidade e estenden un pano sobre a muralla dun edificio. Logo, homes, mulleres e nenos veñen; sen patrocinadores nin publicidade, sen discursos nin ministros de goberno, só contan coa autorización do dono deste improvisado anfiteatro (chamado Revolution Cinema) para restauralo.




ATENCIÓN: Todos os eventos están ao abeiro da evolución e pautas sanitarias marcadas pola administración pola Covid–19, polo que dita programación pode verse afectada.
Consulta o protocolo de seguridade do cineclube Padre Feijoo.


Ligazón relacionada:
Páxina do cineclube Padre Feijoo: 50 anos, 50 filmes




04/09/20



A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» en concerto coa Asociación Cultural Arela, organizadora do na parroquia do mesmo nome en Porriño, programan un circuito de proxeccións coas curtas seleccionadas a concurso na edición deste ano; será catro días despois de rematar o certame, entre os días 9–13 de setembro (de mércores a domingo), nos cineclubes —ordeados pola data de proxección— seguintes:  
(mércores 9) en Vilagarcía de Arousa, (mércores 9) en Vigo, (mércores 9 e xoves 10) na vila do Morrazo, (xoves 10) no Barco de Valdeorras, (venres 11) en Garabelos, (sábado 12) en Nigrán, (sábado 12) en Ourense e (sábado 12 e domingo 13) na vila do Arenteiro.


Cartaz Festival de Cans 2020
Cartaz do Festival de Cans 2020. Dereitos Reservados AC. Arela

O prezo (da cota de acceso) é de 4 euros en tódolos cineclubes participantes e a recadación vai integramente destinada a unha das curtametraxes, escollida por un xurado entre os cineclubes da «Feciga» (e que nomeadamente forma un galardón con este mesmo acrónimo), aínda que, gañadoras/es deberían ser todas/os as/os participantes, agardamos que unha sóa curta obteña dito premio.

Perante a nova normalidade que nós toca vivir, é posíbel que o acceso se vexa restrinxido tanto na capacidade do lugar como na necesidade de realizar unha reserva previa, consulta nos sitios web e redes sociais dos devanditos cineclubes, o horario e o protocolo de seguridade ao respecto obrigadas pola Covid-19, máis subliñar que, aparte das normas xerais expostas á entrada, é obrigatorio utilizar a máscara correctamente colocada durante toda a proxección.

Ademáis dos pases nos cineclubes citados nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, tes a oportunidade tamén de velos traballos da selección oficial do festival (talvez, o máis popular de Galicia), no Centro Galego de Artes da Imaxe «CGAI» da Coruña, a escolma competitiva nun par de sesións: o xoves 10 e venres 11 de setembro (2020) ás 19:30 h. (CUT+2) do serán e con acceso de balde.
Tamén está previsto a exhibición en liña, a partires do día 17 de setembro e durante 4 días, na modalidade de pagamento por visión en Vimeo.


01/09/20



En base á información e ás recomendacións das autoridades sanitarias, os cineclubes de Galicia elaboraron un esquema de boas prácticas para un retorno seguro a súas actividades. Esta guía ten por finalidade informar, previr, e minimizar a incidencia da Covid–19 no noso público e as persoas que traballamos de xeito voluntario e altruista.
Deseguido detallamos o protocolo, un compendio das normas realizado pola Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e que algunhos dos diferentes cineclubes utilizan xa, agardando que sirva de guieiro para outras asociacións ou cineclubes que non dispuxesen de dito documento.


  1. – Información básica
  2. – Recomendacións e medidas preventivas
  3. – Medidas organizativas
  4. – Medidas hixiénicas
  5. – Xestión de residuos
  6. – Medidas para o persoal voluntario/a ou traballador/a



Últimas actualizacións:  31/03/2022  ¹ ·  18/12/2021  ²



 1.– Información básica

O SARS–CoV–2 é un novo tipo de coronavirus que pode afectar ás persoas causándolles a enfermidade Covid-19. O período de incubación medio é de 5–6 días, variando de 1 a 14 días. O 97,5 % dos casos sintomáticos desenvólvense nos primeiros 11 días e medio tras a exposición.

Transmítese por contacto directo coas pingas respiratorias que se emiten coa tose ou o esbirro dunha persoa enferma. O seu contaxio depende da cantidade do virus nas vías respiratorias. Estas pingas infectan a outra persoa a través do nariz, os ollos ou a boca directamente; tamén podes infectarte ao tocar ditos órganos coas mans que previamente tocaran superficies contaminadas por estas pingas. Parece pouco probable a transmisión polo aire a distancias maiores de 2 metros. Actualmente considérase que a transmisión da infección comeza 1–2 días antes do inicio de síntomas. A maioría das persoas adquiren a Covid–19 doutras persoas con síntomas.

Non se sabe con certeza canto tempo sobrevive o virus causante da Covid–19 nunha superficie, pero semella comportarse como outros coronavirus. Os estudos realizados (incluída a información preliminar dispoñible sobre o virus da Covid–19) indican que os coronavirus poden subsistir nunha superficie desde unhas poucas horas até varios días. O tempo pode variar en función das condicións (por exemplo, o tipo de superficie, a temperatura ou a humidade ambiental).


Síntomas da Covid-19

Os síntomas máis comúns son febre, perda do gusto e olfato, tose, dores (musculares, cabeza e gorxa), debilidade, diarrea, vómito e/ou sensación de falta de aire. A maioría dos casos presentan síntomas leves e pode haber persoas que non presenten síntomas (asintomáticos). En casos máis graves a infección pode causar pneumonía, dificultade importante para respirar, fallo renal e mesmo o falecemento.

Os principais grupos vulnerábeis son as persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, embarazo e maiores de 60 anos.

O maior risco de contaxio céntrase no persoal sanitario asistencial e non asistencial que atende un caso confirmado ou en investigación con síntomas, cun contacto estreito. En xeral, débense considerar de maior risco aquelas profesións nas que se poida producir un contacto estreito con persoas infectadas.

En tanto non exista un tratamento eficaz, a mellor maneira de previr a enfermidade é evitar o contacto entre persoas e cumprir coas medidas de hixiene e limpeza, sempre apelando á responsabilidade individual e colectiva para evitar a transmisión.

Se tes algún dos síntomas (febre, tose, perda do gusto, dificultade para respirar…) ou manter contacto con persoas infectadas —aínda que non teñas os devanditos síntomas—, en primeiro lugar ponte en contacto co teléfono habilitado pola Xunta de Galicia (900400116 ou co 061, só no caso de emerxencia ou gravidade), ademáis dos servizos médicos do teu traballo, aparte de NON ires a traballar, TAMPOUCO podes vir ao cineclube, terás que gardar corentena no mellor dos casos e ler un/s libro/s por exemplo.
Se tes dúbidas e pensas que podes ter a doenza, proba a facer este pequeno autotest do Sergas e sigue as súas indicacións.


 2.– Recomendacións e medidas preventivas

  • Evita os costumes sociais que poidan facilitar a transmisión da enfermidade de persoa a persoa (por exemplo: apertón de mans, bicos, abrazos… etc)
  • Lava as mans con frecuencia, preferiblemente con auga e xabón ou, na súa falta, con xel hidroalcohólico. Deste xeito elimínanse os virus que poidan estar nas túas mans; sigue as indicacións sobre como debes lavar ou limpar as mans para acadar que sexan «mans seguras»
  • Ao tusir ou esbirrar, cúbre a boca e o nariz co cóbado flexionado ou cun pano (nese caso, tira o pano inmediatamente e lava as mans), dese xeito evitas a propagación de xermes e virus. Se esbirras ou toses cubríndote coas mans, podes contaminar os obxectos ou as persoas aos que toques
  • Na medida do posible, garda distancia entre ti e as demais persoas, particularmente aquelas que tusan, esbirren ou fumen (recoméndase dous metros). Cando alguén cunha enfermidade respiratoria tuse ou esbirra, proxecta pequenas pingas que conteñen o virus. Se estás demasiado preto, podes inhalar o virus e contaxiarche.
  • Evita tocar os ollos, o nariz e a boca, xa que as mans, no noso día a día, están en contacto con superficies e obxectos (por exemplo: os pomos das portas, mesas, bandexas…) que poden estar contaminadas co virus. Se tes que tocar obxectos, procura facelo coa man non dominante, por acto reflicto ao tocarnos a cara realizámolo coa man dominante. Se te tocas os ollos, o nariz ou a boca coas mans contaminadas, podes contaxiarche do virus.
  • É obrigatorio o uso da máscara hixiénica ou FFPP2/3 (sen válvula exhalatoria) en todo momento (DOG 126), estas só son eficaces se se combinan co lavado frecuente de mans con auga e xabón ou cunha solución hidroalcohólica na súa falta. Aprenda a poñela e eliminala correctamente.
  • Non está permitido fumar no interior do local ou salón de actos (lei 42/2010 [.pdf · 164 kB], artigo 7) , máis se o fas no exterior restrínxese, a menos que haxa unha distancia mínima de dous metros (DOG 161 bis), pois o fume dun/ha fumador/a pode ser máis contaxioso, ao conter unha maior carga vírica polo esforzo espiratorio que este/a realiza; procura que o teu fume non se espalle pola zona de acceso ou entrada e na beirarrúa por onde circulan os peóns.
  • Non se permite o acceso ao salón de actos ou local, a ningunha persoa que presenten os síntomas vencellados á Covid–19 e aínda sen preséntalos, estivese agardando un diagnóstico por caso probábel ou sospeita de infección, xa que debería permanecer illado/a e gardar corentena. O cineclube, da cordo cos seus Estatutos, poderá propoñer a expulsión dun/ha asociado/a no caso dunha acción que prexudique gravemente o seu interese.


 3.– Medidas organizativas

  • Control da capacidade do local ou salón de actos en función das súas dimensións e capacidade, a ser posíbel con persoal que vixile o límite e o acceso e saída ordeada e tamén para garantir a distancia de seguridade; no interior limítase a ocupación das butacas, alternando 2 baleiras en cada fila por cada unha que se ocupe e, variando dito reconto na fila anterior e posterior, para que non coincida sempre na mesma columna a ocupación desas butacas.
  • Organizárase o percorrido de entrada e saída para dirixir o fluxo de persoas, que entran e saen do local ou salón de actos, co fin de evitar o contacto; o idóneo sería organizar a entrada e saída dos/as asistentes por quendas e respectar a distancia estipulada de dous metros durante a espera, requerindo para dita tarefa de persoal voluntario para exercer dito control ou no seu caso, de cartaces coas instruccións precisas e indicativos (cinta adhesiva no chan ou postes separadores) delimitando tanto a circulación do público como a distancia mínima de separación para quenes agárdanse na cola de acceso.
  • O control de acceso de asociados/as e non asociados/as, sempre que sexa factíbel, fomentárase o rexistro previo e pagamento das cotas por medios electrónicos (como poideran ser Bizum, Entradium, Eventbrite…)  e, no caso de non ser posíbel, o cineclube pode requerir a reserva anticipada para cada sesión, artellando un formulario web para solicitar unha quenda e obter a cota de acceso á sesión (ou entrada). Todo elo co fin de facilitar o rastrexo pola autoridade sanitaria no caso de ser preciso, para advertir dalgún posible contaxio entre os asistentes. A recolección dos datos persoais, como é o nome e teléfono, son tratados consonte ao estipulado no regulamento de protección de datos e recábase a súa autorización ao público concorrente, para que poidan ser cedidos á autoridade sanitaria se esta o requírise.
  • Conforme á disposición da Xunta de Galicia – Consellería de Sanidade, publicada no DOG 241 o 17 de decembro de 2021, dispón na súa orde de data 14/12/21 (medida 3ª ⅟ₐ ∙ 2), a necesidade de control no acceso aos recintos pechados, con capacidade superior a 200 persoas (500 no exterior), mediante a acreditación por parte do/a asistente dun certificado consonte ten recibido unha vacina coa pauta completa contra a Covid–19; faise preciso contar cun trebello móbil e a aplicación «PassCovid», dispoñibel para os móbiles Android e Iphone, para verificar a lexitimidade do certificado presentado á sesión ou actividade organizada. Dita medida estará en vigor até o 26/02/2022 (agás que houbese unha resolución ampliando dito prazo) segundo a autorización do TSXG.
  • Axustárase, reducindo ou espaciando o horario das sesións, para permitir a ventilación e renovación do aire, asemade da entrada e saída coincidente e sen aglomeracións do público á sala de proxección.
  • A apertura das portas de acceso, realizárase con tempo suficiente para permitir un acceso gradual, procurando establecer quendas para o noso público, que debería coñecer con dabonda anticipación.
  • No caso de ter máis dunha sesión, o cineclube tentará establecer un horario de atención preferencial para as persoas maiores de 65 anos nunha das súas sesións, sempre e cando, dentro das súas posibilidades organizativas e de voluntariado llo permitan.
  • A distribución das follas de sala, procurarase facer por medio electrónico, expoñendo para tal fin de varios cartaces (ben iluminados, de gran tamaño e espaciados para evitar aglomeracións) cun código QR, para facilitar a súa lectura coa cámara do móbil e descarga ou lectura no seu trebello. O idóneo sería facilitar ao público, no blogue do cineclube (aos que teñen dispoñíbel dita opción), no mesmo acto de publicación da programación do cineclube (polo tanto de xeito previo á proxección), dunha ligazón cara a folla de sala para a súa descarga (e impresión persoal se o creen necesario).
  • O foro de debate, sobre o filme proxectado, organizárase exclusivamente por medios telemáticos no blogue, web ou as redes vencelladas ao cineclube.

 4.– Medidas hixiénicas

  • Disposición de produtos para a hixiene das mans, solución hidroalcohólica para uso público no acceso/saída do local ou salón de actos e xabón e panos desbotables no cuarto de aseo (ou secador automático no seu defecto).
  • Reforzar as tarefas de limpeza e desinfección do local e das superficies que se tocan máis, como pode ser o mostrador no acceso, os pomos de portas, os reposabrazos das butacas, a computadora, os aseos…). Limpar a área utilizada cando hai trocos no persoal voluntario e ao finalizar a xornada. Empregar só produtos recomendados polas autoridades sanitarias.
  • Ventilar con máis frecuencia, ao menos durante 15 minutos, abrindo as portas e xanelas de par en par, ou no seu defecto con equipos suficientes de ventilación. No caso de dispor dun sistema de climatización, verificar o correcto funcionamento (por parte do servizo técnico compentente) e que empreguen filtros especiais para a renovación do aire, evitando a recirculación e os equipos equipos de recuperación da calor.


 5.– Xestión de residuos

  • Xestionar os residuos ordinarios de modo habitual, separando para reciclar no contedor correspondente.
  • O material de hixiene persoal (luvas, máscaras ou panos) desbotaranse en papeleiras ou contedores con tapa, pedal e bolsa recambiables sen necesidade de separar para reciclar. Despois de pechala adecuadamente, debe de introducirse nunha segunda bolsa de lixo. Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.
  • Depositarase no recolector de lixo fracción resto (ou orgánicos) agás os envases baleiros de hidroxel, que se poderán tratar como os residuos ordinarios e botar no contedor amarelo (se é de plástico).


 6.– Medidas para o persoal voluntario/a ou traballador/a

  • Identificar ao persoal voluntario/a especialmente sensíbel, é dicir, persoas con doenzas previas de diabetes, hipertensión, cardiovascular, inmunodeficiencia, cancro en tratamento activo, mulleres grávidas, maiores de 60 anos e tamén doenzas crónicas de pulmón, hepática e/ou renal, adoptando as medidas pertinentes para minimizar o risco de contaxio, restrinxido á atención directa co público.
  • Facilitar, máscaras para a súa protección e para a limpeza e desinfección, aparte do xel hidroalcohólico ou/e xabón, deterxente habitual, lixivia ou outros produtos autorizados, luvas desbotables e colocar contedores con tapa, pedal e bolsas de resposto.
  • Evitar compartir material como a computadora, o lector de código de barras, o teléfono móbil, o proxector ou calquera outro, sen limpalo previamente.
  • Evitar xuntanzas presenciais, fomentando a utilización da videoconferencia, como puidese ser a solución tecnolóxica de JitSi [.pdf · 3,7 MB].



O presente protocolo, en función da evolución favorábel da infección pola Covid–19 no noso país, estivo en revisión permanente até o mes de marzo do 2022, data na que se considera non aplicar a meirande parte das medidas expostas, agás que empeorase esta situación.

Última actualización: marzo 2022




Ligazón relacionada:
Portal informativo do Sergas:   coronavirus.sergas.gal

Documentos relacionados:
Cartaz da «Feciga» Pautas Covid-19:    .pdf  · [2 MB]    |    .png  · [1'2 MB]
Protocolo de seguridade  [.pdf • 1'2 MB]

15/11/19



A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», súmase á campaña «», co gallo do día Internacional contra a violencia de xénero o 25 de novembro (25N).
Os cineclubes entenden que a loita contra as violencias e a procura da igualdade real entre homes e mulleres é unha cuestión de educación e que vai máis aló das campañas institucionais da Administración; por iso, coa colaboración e complicidade do director Álvaro Gago, programa as curtametraxes «» de Irene Moray e «» de Álvaro Gago Díaz, nas datas, cineclubes e lugares que deseguido se detallan:

13/06/18


A primeira conclusión ao sondaxe efectuado pola Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é que o público avalía cun notable a súa programación e nun 80% prefiren os filmes en versión orixinal subtitulada (VOS).

A nosa intención, con esta enquisa, era obter unha primeira aproximación ou percepción que ten o público, sobre o traballo que desenvolven os cineclubes. Así, sobre a base dunha vintena de cuestións e por medio dun formulario web, preguntábase aos/ás asistentes que desexaron participar, preguntas sobre a preferencia por datas e horarios, que estimaban mellor para as sesións dos cineclubes aos que asisten, a avaliación da súa programación, instalacións, coñecemento do sitio web e onde obteñen principalmente a información da programación, que lles motiva para a súa asistencia, se desexan participar nalgún foro, proxección de curtas, filmes en versión orixinal subtitulada (castelán ou galego), orixinal ou dobradas… e se estiman que estas debesen ser de balde ou con algunha cota de acceso.

O traballo de campo desenvolveuse durante algo máis dun ano e participou de xeito totalmente voluntario o público dunha ducia de cineclubes (dos 19 que compoñen a «Feciga»). Os/as socios/as e seareiros/as do cineclube ourensán e do lugués participaron activamente (e por conseguinte a marxe de erro da enquisa é menor); por contra a participación do cineclube na comarca do Deza foi minoritaria.

Por destacar algunhas das cuestións expostas, no caso da asistencia, a gran maioría dos que asisten ás sesións (73%) son socios ou socias, de xénero maioritario feminino (62%), un 57% asisten a todas as sesións (a media de sesións celebradas é de 4 ao mes) e destes aínda hai quen asistiría a máis (18%), sobre un 43% que o fan á metade delas. Inflúe sobre a súa asistencia ás sesións, a sipnose ou a dirección do filme (59% e 49% respectivamente) e o desmotiva, a data (47%) e a duración (30%). 

Sobre as proxeccións, os filmes en versión orixinal subtitulada (VOS) teñen o apoio maioritario, un 54% prefíreas en castelán e un 35% en galego.

 

Tabla resultados asistencia

Tabla resultados cota

Tabla resultados versión orixinal subtitulada

Tabla resultados avaliación

Tabla resultados por cineclube



Ligazón relacionada:

Presentación dos resultados    [.pdf • 170 MB]

04/12/16


Mediante a técnica da enquisa, nos permiten aos cineclubes de Galicia coñecer a opinión dos nosos espectadores/as, socios/as e cidadáns do traballo que estamos a desenvolver.

A principal vantaxe da enquisa fronte a outras técnicas é a súa versatilidade ou capacidade para recoller datos sobre unha ampla gama de necesidades de información. Con todo, tamén presenta certas limitacións ou inconvenientes como son:

  • A posible renuncia do/a enquisado/a a fornecer a información que se desexa obter.
  • O/A enquisado/a pode ser incapaz de achegar a información requirida por múltiples motivos (que non lembre feitos, non os coñeza, non distinga entre diferentes situacións, etc.)
  • O propio proceso de indagación pode influír nas respostas do enquisado por cansazo no interrogatorio cando a enquisa é excesivamente longa, por dar respostas socialmente aceptadas, etc.

Para tratar de reducir estas limitacións ou inconvenientes, deseñamos unha (nesta primeira fase) moi sinxela, controlando a información con respostas tipo, porén precisamos recoller un gran universo de persoas para tratar de reducir o marxe de erro e axustarnos de xeito fiable ao voso modo de pensar, como nos percibides e para mellorar naquelas cousas que non o estamos a facer ben.

Non só os pedimos información sobre o noso traballo, tamén que avaliedes os filmes proxectados nos cineclubes da túa bisbarra, os que acadaches ver, para elo, na da «Feciga» podes atopar cos cineclubes asociados, que ao premer na ligazón correspondente, reflicte os filmes programados ao longo deste ano que remata. O siloxismo de coñecer como desenvolvemos o noso traballo e a avaliación dos filmes programados danos a inferencia necesaria para acadar a excelencia diante de expectadores/as esixentes coma a ti. Moitas grazas polo voso apoio e polo voso tempo.



Ligazóns relacionados:



16/05/16


Do 10 ao 15 de maio de 2016 proxectouse en seis (dos 14) cineclubes adheridos á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» (principalmente das provincias de Ourense e Pontevedra), o filme «» () de e , unha —grazas a colaboración de Paco Poch Cinema— co obxectivo de recadar fondos, e destínalos ás organizacións Médicos sen Fronteiras MSF e o Comité Español do ACNUR, apoiando (co noso pequeno gran de area) o traballo que desenvolven a favor dos refuxiados.

O importe da doazón estableceuse en SEIS EUROS para todos os asistentes ás proxeccións nos cineclubes participantes, con todo houbo aportacións que superaban dita cantidade e esta foi ingresada na fila CERO destinada ao efecto.

De seguido, reflíctese a asistencia e recadación obtida ordenada por localidade:


Asistencia e recadación por localidade
Localidade cineclube asistencia recadación
  •    Total   
  • 184 persoas
  •     1.104 €    
Barco, O (Ourense) Groucho Marx 5 30
Cangas (Pontevedra) Cangas 40 240
Carballiño, O (Ourense) Carballiño 16 96
Ourense (Ourense) Padre Feijoo 53 318
Vigo (Pontevedra) Lumière 4 24
Vilagarcía (Pontevedra) Ádega 66 396

Consonte ao noso compromiso, amosamos xustificantes das transferencias enviadas cara as organizacións Médicos Sen Fronteiras (MSF) e o Comité Español do ACNUR.


xustificante transferencia MSF

xustificante transferencia ACNUR
Xustificantes das transferencias efectuadas cara MSF e ACNUR

Agradecer moitísimo ás persoas que se achegaron a nosa primeira proxección solidaria, aos cineclubes participantes polo seu esforzo e traballo desinteresado, de sempre porén especialmente nesta ocasión, e aos que non puideron asistir, teñen a súa disposición as páxinas de ditas organizacións, para colaborar economicamente na medida das súas posibilidades; de novo moitísimas grazas!.

04/05/16


A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» organiza, xunto cos cineclubes , , , , e , a proxección solidaria do filme «Ma'a al-Fidda» (Silvered Water, Syria Self Portrait) de e , co obxectivo de recadar fondos e destinalos integramente ás organizacións Médicos sen Fronteiras MSF e o Comité Español do ACNUR, na campaña que desenvolven a favor dos Refuxiados de .

Dita proxección é posible, grazas á colaboración de Paco Poch Cinema.


Sobre o filme a crítica dixo:
Proposta inusual e emocionalmente devastadora (…) documental sobrecolledor, á marxe das normas fílmicas
 (Lluís Bonet Mojica, La Vanguardia)
«Syria Self-Portrait» …queda para a posteridade como unha auténtica obra mestra que antepón a arte, como última esperanza, ás sanguentas derivas do ser humano
 (Philipp Engel, Fotogramas)
Un documental necesario e a miúdo difícil de soportar que dá testemuño dos horrores da guerra civil
 (Jay Weissberg, Variety)


As datas e cineclubes participantes da «Feciga» son:

(por data)



(orde alfabético dos cineclubes)


A cota de acceso por sesión é a mesma para todos os cineclubes, 6 euros, que che lembramos destínase na súa totalidade para a campaña dos Refuxiados desenvolta por ‪MSF e ‪ACNUR, soportando os custes a «Feciga» e cineclubes participantes.
Ao rematar todas as proxeccións, publicarase neste mesmo blogue, o resultado da recadación e asistencia, asemade dos xustificantes de envío ás organizacións destinatarias.


Senón podes asistir, podes facer unha doazón en liña, nos seguintes sitios web:
Iniciativas Solidarias de MSF • Doazón a ACNUR


Sobre as organizacións destinatarias da nosa acción solidaria…

Médicos sen Fronteiras ao non poder establecer estruturas sanitarias estables dentro de Siria, debido á extrema violencia empregada contra os seus centros despregados e traballadores, apoia aos médicos sirios de xeito clandestino, en calquera dos sectores en conflito, con estruturas improvisadas e fornecendo asistencia técnica, material e de menciñas.
ACNUR fornece refuxio, axuda e asistencia nos países veciños á zoa en conflito, asistencia de emerxencia (económica para menciñas) e alimentos.
Desgraciadamente o conflito, lonxe de solucionarse despois de seis anos, precisa máis que nunca das organizacións humanitarias e elas, do teu/noso xeneroso apoio.


Agardámosvos a todos e todas nos cineclubes, e senón podes vir, colabora na medida das túas posibilidades, ben economicante ou axundando a espallar esta inciativa; infinitas grazas pola túa colaboración e/ou asistencia.


Silvered Water, Syria Self Portrait



Titulo orixinal:
Ma'a al-Fidda (Eau argentèe, Syrie autoportrait)

Lingua: Árabe e Francés · VOSE

Ano:

País:

Duración: 93  min.

Director: e

Guión: Wiam Bedirxan e Ossama Mohammed

Música:

Fotografía: Wiam Bedirxan e Ossama Mohammed

Reparto: …

Produtoras:
ARTE / Les Films D’ici / Proaction film

Xénero:

Calificación: Film Affinity (7/10)



Sinopse: En Siria, os rapaces filman e morren todos os días. Namentras que outros matan e filman, en París, o director sirio só pode filmar ao ceo e editar as imaxes de «You Tube». Da tensión que provoca a distancia do seu país e do encontro cunha nova cineasta kurda, , coa que parola, xurde a pregunta «Se estiveses en Homs ca túa cámara, que filmarías?». O filme conta a historia dese encontro.




Folla de sala: Silvered Water, Syria Self Portrait [.pdf • 288 kB]





Video: You Tube [. mp4 • 13 Mb]


Querería estar segura de que só estamos a celebrar o éxito da creación e a beleza. Mais non consigo quitar da cabeza o sentimento de que o que está a ser aplaudido é a nosa morte

Wiam Siam Bedirxan (Libération)




Con tecnoloxía de Blogger.