TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid
Amosando publicacións coa etiqueta 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2011. Amosar todas as publicacións

01/09/13

Luz Vermella no cinema

Evolución e comportamento dos cines en Galicia (período 20072012)

Data do relatorio: Agosto 2013
Universo: Galicia

Extracto: Estudo sobre como evolucionou a asistencia de espectadores, recadación, e número de salas no período que abranque do 20072012


Galicia perdeu 349.891 espectadores desde que comezou a crise.


Se consideramos o punto de partida da crise, no ano 2008, o comportamento da asistencia ao cine, desde o ano 20072012, é moi desigual.

Hai unha tendenza xeral de perda de espectadores, agás no ano 2009, coa estrea de «» (do mesmo xeito, sucedeu co filme de J. A. Bayona «» (O Imposible) no 2012, que maquillou unha catástrofe de non ser pola citada fita).


A única provincia que se mantén actualmente, e que ten apenas un saldo positivo é (sorpresivamente) Ourense, que é a que menos salas de cine ten. Conflúen ademais os cineclubes máis activos e de máis alta participación de espectadores, sendo ademais o , con 8.000 espectadores, un dos cineclubes con mais asistencia de todo o estado español.


Pola contra, a provincia que máis espectadores perdeu é Pontevedra, con 189.453 espectadores menos, desde o ano 2007; (a variación no resto das provincias é,  - 141.842,  - 18.596, e  + 123).


Porén a pesar dos valores negativos de asistencia, o incremento de recadación foi notable, debido sobre todo, a que o prezo das entradas subíu por encima do propio IPC. Nese aspecto chama a atención a provincia de Pontevedra, que no ano 2010 con menos espectadores que o ano anterior, recada moito máis (8.915.267,00 )


A provincia con máis recadación é A Coruña, ao contar con máis salas, pero se calculamos o volume de espectadores, coa disponibilidade de salas, o ratio de asistencia ou competitividade das salas —no último ano— correspóndelle o liderazgo á provincia de Ourense, con 22.819 espectadores por cada sala. Síguelle Pontevedra con 21.268 espectadores, 19.522 en A Coruña, e pecha Lugo, con 15.298 espectadores.


Neste período, a provincia que máis incrementou o número de salas é A Coruña, e pola contra a que máis perdeu é Pontevedra.


Por iso, non necesariamente a pesar das reiteracións simplistas, o problema do cine non é soamente a piratería, nen a suba espectacular do IVE (que aínda que contribúen), cremos que ten máis relación no descenso, os continuos incrementos no prezo das entradas nun periodo de forte recesión económica e laboral.



Tampouco existe unha distribución do cine noutros formatos (agás nas grandes cidades coas infraestruturas de fibra estendidas, ou nos grandes centros comerciais, e só produtos ), a labor das filmotecas sigue moi centralizada, e o apoio aos cineclubes —aínda que moi escaso— non permite chegar ás periferias rurais, para así espallar ou manter unha costume pola sétima arte. Neste panorama, hai que engadir un aínda máis ruín; a desaparición dos pequenos cines familiares e de barrio, que albiscan unha grella aínda máis pobre e sen competitividade.


Ao factor económico, pódense engadir varios matices subxectivos; pouca variedade ou calidade na grella cinematográfica, público obxectivo (target) dos , únicamente enfocado a públicos non formados e de consumo sinxelo, e pouco respecto á producción propia e alonxada das grandes produccións, que son ignoradas polos medios de comunicación xeral e incluso local (é lamentablemente que moitos medios, non informan da programación cultural, nin manteñen unha axenda do día da súa bisbarra).


Neste último aspecto, é salientable a labor que os medios de comunicación poden facer polo cinema, como foco non só indiustrial, senón tamén cultural e educativo. Porén, é habitualmente ninguneada e sistemáticamente oscurecida a programación que mesmo realizan os cineclubes a nivel local. As seccións culturais desapareceron, ou non existen para as actividades locais, para ocupar ese espazo preeminente, o deporte e as novas sociais sobre a vida de determinados personaxes, que son fabricadas por axencias de prensa.



Evolución no período 20072012 dos datos estadísticos dos cines por provincia
Datos polo miúdo



provincia de A Coruña
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 1.815.631 93 11.879.804,29   6'5  
2011 1.787.499 85 11.788.923,71   6'6  
2010 1.794.507 73 12.021.372,07   6'7  
2009 2.003.592 74 12.167.209,65   6'1  
2008 1.880.593 66 10.516.035,25   5'6  
2007 1.957.473 72 10.399.163,90   5'3  

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (20072012) en A Coruña: 17% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en A Coruña: 18'4%



provincia de Lugo
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 351.859 23 2.124.866,54    
2011 357.045 23 2.086.671,20   5'8  
2010 343.639 23 2.011.920,80   5'8  
2009 386.645 24 2.135.853,80   5'5  
2008 355.965 24 1.835.659,30   5'1  
2007 370.455 25 1.888.218,80   5'1  

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (20072012) en Lugo: 16'9% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Lugo: 15%



provincia de Ourense
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 273.827 12 1.891.096,55    
2011 268.778 12 1.791.414,30   6'6  
2010 265.255 13 1.691.532,90   6'3  
2009 285.310 12 1.701.864,00   5'9  
2008 263.039 12 1.521.181,90   5'7  
2007 273.704 16 1.569.643,50   5'7  

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (20072012) en Ourense: 15'9% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Ourense: 18'5%

A provincia que menos salas de cine posúe, destaca por un comportamento moi estable, e incluso cunha lixeira subida. Aínda que non estan tabulados datos do ano 2013, e non constan na grella oficial estatística do ICAA, o 5 primeiros meses do cineclube «», subíu a asistencia nun 30% máis con respecto ao mesmo periodo anterior.



provincia de Pontevedra
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 1.318.646 62 8.840.795,92   6'7  
2011 1.298.712 62 8.691.167,43   6'7  
2010 1.301.423 64 8.915.267,00   6'8  
2009 1.488.812 65 9.156.349,45   6'1  
2008 1.424.027 68 8.165.490,70   5'7  
2007 1.508.099 73 8.427.388,31   5'6  

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (20072012) en Pontevedra: 16'3% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Pontevedra: 16'4%

No ano 2013, a cidade de Pontevedra, perdeu os seus únicos cines, mantidos polo , do que falaremos nun apartado especial. A asistencia aos citados cines, no ano anterior rondaba tan só os 104.000 espectadores



Fontes:
Memoria de datos de asistencia e recadación (Ministerio de Cultura)
Evolución IPC (Instituto Nacional de Estatística)
Evolución prezos e Datos cineclubes (Cineclubes de Galicia)


26/11/11

Resumo Visual 2011



Clipe de 2 minutos e medio, cun resumo visual dos filmes proxectados durante o ano 2011 nas 22 pantallas dos cineclubes asociados a Federación de Cineclubes de Galicia; en total foron unhos 40.000 espectadores os que tiveron a oportunidad de ollar unha selección de filmografías de 35 países, fitas a maioría en versión orixinal subtitulada, e que ben seguro, en moitos espertaron sentimentos, conciencias, bágoas ou sonrrisos. A banda sonora deste clipe pertence a Sam Roberts «The Canadian Dream» extraído do seu traballo We Were Born in a Flame.


Video: You Tube [. mp4 • 8'22 Mb]


Imaxes de películas con dereitos reservados © a favor dos seus autores. Os fotogramas recollidos se acollen ao dereito de cita ou ilustración. No caso de opoñerse á curta exposición de ditos fotogramas, diríxanos un correo electrónico para súa eliminación.

01/11/11



O vindeiro fin de semana, 5 e 6 de novembro, xuntáranse cineclubes de toda Galicia, Portugal, e unha representación do audiovisual galego, e da Federació Catalana de Cineclubs.

O punto de encontro será en Ourense, no Auditorio Municipal, e servirá para o debate do sector audiovisual, especialmente no sector cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes, e ao mesmo tempo para reclamar unha política audiovisual á Xunta de Galicia, que carente de estratexias, quere deixar sen apoios ao cineclubismo galego.

O programa [.pdf • 620 Kb], se completa entre outras, coa proxeccións de filmes, unha conferencia sobre a distribución cinematográfica, impartida polo produtor, crítico e xornalista; Pepe Coira, e un concerto tributo ao poeta Lois Pereiro, polo grupo Ondas Martenot.

Podes consultar, e descargar o programa…

program encontros cc2011 ourense [.pdf • 620 Kb]

cartaz Encontros Ourense 2011

O encontro servirá tamén para presentar o memorandun dos cineclubes de Galicia, nos dous últimos anos, do que extractamos a continuación un adianto.
Con tecnoloxía de Blogger.