Como todos estes últimos anos, no primeiro trimestre do ano ábrese o prazo para inscribirse (consultar data) para o certame «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que as Federacións de Cineclubes de Portugal e Galicia, outorgan un premio de 1.000 € , para o gañador consonte ao dítame do xurado; a celebración acontence no mes de maio, dentro dos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo (Portugal).
Neste encontro de cineclubes de Galicia e Portugal, xunto cos profesionais de cinema, alumnos e alumnas das escolas (participan tamén escolas internacionais de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e as maneiras que desenvolven no eido formativo.
O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos e alumnas das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia, Portugal, Brasil e países lusófonos. Podes consultar o regulamento e cumprimentar o formulario (consultar data) no sitio da Asociación «Ao Norte».
A duración máxima do traballo fílmico debe ser inferior a 30 minutos (excepcionalmente poderíanse presentar traballos que superen dita duración), podendo participar con cantos traballos desexen.
Máis información e ficha de inscrición en http://www.encontrosdecinema.pt/primeirolhar.php

0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»