TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo…

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid
Amosando publicacións coa etiqueta Ourense. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ourense. Amosar todas as publicacións

14/09/20



Fai 50 anos que o cineclube Padre Feijoo fundouse en Ourense, en setembro de 1970 na , da que recolleu o seu nome.

Para dita ocasión, queríamos realizar un «Encontro» festivo dos Cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén a prudencia e circunstancias actuais, aconsellan unha celebración moito máis austera do que tiñamos pensado celebrar, será o vindeiro sábado 19 de setembro (2020) e deseguido tedes a programación.

Gostaríanos contar coa presenza de todas as persoas cineclubistas, en particular do Padre Feijoo para conmerorar o seu 50 aniversario, compartindo as vosas experiencias, ilusións e os nosos retos e impericias, degoirados con aprender todos e todas das vosas e nosas vivencias.
A capacidade para as diferentes localizacións (restaurante e cinema), pola situación da Covid-19, son limitadas, polo que precisamos formalices a reserva (e acompañante/s que desexes convidar) no seguinte formulario; calquera suxestión, solicitude ou preferencia (no menú, necesidades especiais…), non dúbides en facelo constar no campo das observacións.



Programa «Encontro de cineclubes» (1970–2020: 50 anos do CCPF)



venres 18 de setembro


21:00 h.  Proxección do primeiro filme (que coñezamos) que proxectou o cineclube Padre Feijoo

«Nueve Cartas a Berta» (Nove Cartas a Berta) de (España, 1966) · VO / castelán

Fotograma: Nueve Cartas a Berta
O primeiro filme do director castelán únese ao chamado «novo cinema español», un movemento renovador que ao final non tivo a merecida continuidade. A fita comeza cos versos do poeta Antonio Machado: «Esta é a historia dun español que quere vivir e comezar a vivir».
Acadou a Cuncha de Prata no Festival Internacional de Cinema en Donostia.

Fotografía: Luis Enrique Torán
Guión: Basilio Martín Patino
Música: Carmelo A. Bernaola & Gerardo Gombau

Reparto: Emilio Gutiérrez Caba, Montserrat Blanch, Mary Carrillo, Antonio Casas, José María Casaux, Manuel Domínguez Luna, María Elena Flores, Rosa Fúster…

Premios: Festival de San Sebastián: Cuncha de prata á mellor ópera prima (1966)

Sipnose: Anos cincuenta. Lorenzo é un estudante salmantino que acaba de pasar un verán en Inglaterra, onde descubriu outras formas de vida e outros horizontes, ademais de coñecer a Berta, filla dun exiliado, pola que sente atraído. Ao seu regreso, o ambiente tradicional da súa familia, os seus amigos e a súa noiva resúltanlle atafegantes. Agudízanse as súas inquietudes en cartas dirixidas a esa Berta que quedou no estranxeiro


Evento de balde e limitado no aforo (capacidade máxima: 40 persoas). RESERVA A TÚA BUTACA




sábado 19 de setembro


11:30 h.  Presentación das actividades relativas ao 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


12:00 h.  Homenaxe aos cineclubistas e amigos/as do CCPF 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


14:00 h.  Xantar de confraternidade 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter restrinxido, para convidados/as con reserva previa e limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


16:00 h.  Tertulia café «Historias de Cinema na Auria» 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter aberto, con limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


18:00 h.  Despedida. Non pechamos a luz! Proxección do CCPF 

«Talking About Trees» de Suhaib Gasmelbari (Francia-Sudán-Chad 2019) · VOSPt / francés

Fotograma: Talking About Trees
Coa colaboración do Institute Français. O filme segue os esforzos do «Sudanese Film Club», representado polos cineastas xubilados Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi por reabrir un cinema ao aire libre na cidade de Omdurman ante décadas de censura islamista e burocracia ineficiente.

Fotografía: Suhaib Gasmelbari
Guión: Suhaib Gasmelbari
Xénero: documental

Reparto: Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi

Premios: Berlinale: Premio do documental orixinal e premio do público (2019)

Sipnose: Catro homes falan á luz das candeas, xa que a compañía eléctrica nacional cortou a subministración na zona, nunha especie de rexeitamento metafórico do propio cinema, as imaxes saltan por un estudo de radio. Ibrahim di que o cinema é un heroe «que pode morrer por morte natural ou ser asasinado por un traidor». A polémica aínda rodea o réxime ditatorial islamista, mentres que a paixón pola industria do cinema segue a ser forte. Viaxando nunha antiga e enferruxada caravana, os catro amigos chegan á praza dunha cidade e estenden un pano sobre a muralla dun edificio. Logo, homes, mulleres e nenos veñen; sen patrocinadores nin publicidade, sen discursos nin ministros de goberno, só contan coa autorización do dono deste improvisado anfiteatro (chamado Revolution Cinema) para restauralo.




ATENCIÓN: Todos os eventos están ao abeiro da evolución e pautas sanitarias marcadas pola administración pola Covid–19, polo que dita programación pode verse afectada.
Consulta o protocolo de seguridade do cineclube Padre Feijoo.


Ligazón relacionada:
Páxina do cineclube Padre Feijoo: 50 anos, 50 filmes




04/09/20



A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» en concerto coa Asociación Cultural Arela, organizadora do na parroquia do mesmo nome en Porriño, programan un circuito de proxeccións coas curtas seleccionadas a concurso na edición deste ano; será catro días despois de rematar o certame, entre os días 9–13 de setembro (de mércores a domingo), nos cineclubes —ordeados pola data de proxección— seguintes:  
(mércores 9) en Vilagarcía de Arousa, (mércores 9) en Vigo, (mércores 9 e xoves 10) na vila do Morrazo, (xoves 10) no Barco de Valdeorras, (venres 11) en Garabelos, (sábado 12) en Nigrán, (sábado 12) en Ourense e (sábado 12 e domingo 13) na vila do Arenteiro.


Cartaz Festival de Cans 2020
Cartaz do Festival de Cans 2020. Dereitos Reservados AC. Arela

O prezo (da cota de acceso) é de 4 euros en tódolos cineclubes participantes e a recadación vai integramente destinada a unha das curtametraxes, escollida por un xurado entre os cineclubes da «Feciga» (e que nomeadamente forma un galardón con este mesmo acrónimo), aínda que, gañadoras/es deberían ser todas/os as/os participantes, agardamos que unha sóa curta obteña dito premio.

Perante a nova normalidade que nós toca vivir, é posíbel que o acceso se vexa restrinxido tanto na capacidade do lugar como na necesidade de realizar unha reserva previa, consulta nos sitios web e redes sociais dos devanditos cineclubes, o horario e o protocolo de seguridade ao respecto obrigadas pola Covid-19, máis subliñar que, aparte das normas xerais expostas á entrada, é obrigatorio utilizar a máscara correctamente colocada durante toda a proxección.

Ademáis dos pases nos cineclubes citados nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, tes a oportunidade tamén de velos traballos da selección oficial do festival (talvez, o máis popular de Galicia), no Centro Galego de Artes da Imaxe «CGAI» da Coruña, a escolma competitiva nun par de sesións: o xoves 10 e venres 11 de setembro (2020) ás 19:30 h. (CUT+2) do serán e con acceso de balde.
Tamén está previsto a exhibición en liña, a partires do día 17 de setembro e durante 4 días, na modalidade de pagamento por visión en Vimeo.


07/01/14



A historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas é o pretexto de «Entreparadas»; así José, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provenientes de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros voluntarios/as).

Estos son os lugares e datas de proxección:

(cineclube Carballiño)
10 de xaneiro, sesións: 20 e 23 h. no Auditorio Municipal

(cineclube Padre Feijoo)
15 de xaneiro, sesións: 18, 20:30 e 23 h. na Biblioteca Pública Nodal.

(cineclube Groucho Marx)
16 de xaneiro, sesións: 20:15 e 22:15 h. no teatro Lauro Olmo

(cineclube Lumiêre)
20 de xaneiro ás 20:30 h. no Auditorio da praza do Rei

(cineclube Pontevedra)
22 de xaneiro 2014, sesións: 20 e 22 h. no Teatro Principal

: Museo etnolóxico
24 de xaneiro ás 20:30 h. no propio , na rúa de Santiago

(cineclube Valle-Inclán)
29 de xaneiro 2014 ás 20 h. no salón de actos da Deputación

na
20 de febreiro 2014 ás 20 h. rúa San Lorenzo 3

Cambados
22 de febreiro 2014


«Entreparadas»
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 15'1 Mb]

Título: «Entreparadas»
Ano:
País: , España
Director: [+ info]
Guión: Toño Chouza
Música: e
Fotografía: Toño Chouza e
Reparto: , , Teresa Da Silva, Marisol Delgado, Beatriz Docabo…
Duración: 62 min.
Productores: Galicia | (Maxi Cid, María Liaño, Jorge Coira)
Exhibición: HDV 16:9 · Cor
Idiomas: castelán e galego · VOS (versión orixinal subtitulada)

Sipnose:
Esta historia conxuga teatro e inclusión social nun escenario diferente; as liñas dun autobús municipal. Conta unha experiencia e reflicte os momentos máis emotivos de 16 persoas que son heores reais da vida cotiá.

Premios e mencións:
2013 Collado Villalba · Fecidiscovi: Mellor filme

Crítica:
"A potencia das historias alí recollidas era tal que era imposible desconectar nin un segundo do que os protagonistas contaban. Un grupo de persoas con diversos problemas xúntanse para realizar varias pezas teatrais nun autobús. Historia de superación, de valor e, sobre todo, de optimismo. Un optimismo e unha vitalidade que provoca que sexa imposible non romper a chorar ante unhas historias que abraian en todos os sentidos. Agardo que o documental chegue ao maior número de pantallas posible, non só polo seu carácter narrativo senón polo seu alto valor didáctico. Non dubiden en ir a velo se teñen ocasión!…"
Brais Romero (Praza Pública)



Folla de sala: Entreparadas [.pdf • 72 Kb]


Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscita este filme, neste blogue ou en calquera dos blogues dos cineclubes onde proxéctase, ou ben nas redes sociais nas que participan, apreciamos os vosos comentarios.

01/09/13

Luz Vermella no cinema

Evolución e comportamento dos cines en Galicia (período 2007—2012)

Data do relatorio: Agosto 2013
Universo: Galicia

Extracto: Estudo sobre como evolucionou a asistencia de espectadores, recadación, e número de salas no período que abranque do 2007—2012


Galicia perdeu 349.891 espectadores desde que comezou a crise.


Se consideramos o punto de partida da crise, no ano 2008, o comportamento da asistencia ao cine, desde o ano 2007—2012, é moi desigual.

Hai unha tendenza xeral de perda de espectadores, agás no ano 2009, coa estrea de «» (do mesmo xeito, sucedeu co filme de J. A. Bayona «» (O Imposible) no 2012, que maquillou unha catástrofe de non ser pola citada fita).


A única provincia que se mantén actualmente, e que ten apenas un saldo positivo é (sorpresivamente) Ourense, que é a que menos salas de cine ten. Conflúen ademais os cineclubes máis activos e de máis alta participación de espectadores, sendo ademais o , con 8.000 espectadores, un dos cineclubes con mais asistencia de todo o estado español.


Pola contra, a provincia que máis espectadores perdeu é Pontevedra, con 189.453 espectadores menos, desde o ano 2007; (a variación no resto das provincias é,  - 141.842,  - 18.596, e  + 123).


Porén a pesar dos valores negativos de asistencia, o incremento de recadación foi notable, debido sobre todo, a que o prezo das entradas subíu por encima do propio IPC. Nese aspecto chama a atención a provincia de Pontevedra, que no ano 2010 con menos espectadores que o ano anterior, recada moito máis (8.915.267,00 €)


A provincia con máis recadación é A Coruña, ao contar con máis salas, pero se calculamos o volume de espectadores, coa disponibilidade de salas, o ratio de asistencia ou competitividade das salas —no último ano— correspóndelle o liderazgo á provincia de Ourense, con 22.819 espectadores por cada sala. Síguelle Pontevedra con 21.268 espectadores, 19.522 en A Coruña, e pecha Lugo, con 15.298 espectadores.


Neste período, a provincia que máis incrementou o número de salas é A Coruña, e pola contra a que máis perdeu é Pontevedra.


Por iso, non necesariamente a pesar das reiteracións simplistas, o problema do cine non é soamente a piratería, nen a suba espectacular do IVE (que aínda que contribúen), cremos que ten máis relación no descenso, os continuos incrementos no prezo das entradas nun periodo de forte recesión económica e laboral.



Tampouco existe unha distribución do cine noutros formatos (agás nas grandes cidades coas infraestruturas de fibra estendidas, ou nos grandes centros comerciais, e só produtos ), a labor das filmotecas sigue moi centralizada, e o apoio aos cineclubes —aínda que moi escaso— non permite chegar ás periferias rurais, para así espallar ou manter unha costume pola sétima arte. Neste panorama, hai que engadir un aínda máis ruín; a desaparición dos pequenos cines familiares e de barrio, que albiscan unha grella aínda máis pobre e sen competitividade.


Ao factor económico, pódense engadir varios matices subxectivos; pouca variedade ou calidade na grella cinematográfica, público obxectivo (target) dos , únicamente enfocado a públicos non formados e de consumo sinxelo, e pouco respecto á producción propia e alonxada das grandes produccións, que son ignoradas polos medios de comunicación xeral e incluso local (é lamentablemente que moitos medios, non informan da programación cultural, nin manteñen unha axenda do día da súa bisbarra).


Neste último aspecto, é salientable a labor que os medios de comunicación poden facer polo cinema, como foco non só indiustrial, senón tamén cultural e educativo. Porén, é habitualmente ninguneada e sistemáticamente oscurecida a programación que mesmo realizan os cineclubes a nivel local. As seccións culturais desapareceron, ou non existen para as actividades locais, para ocupar ese espazo preeminente, o deporte e as novas sociais sobre a vida de determinados personaxes, que son fabricadas por axencias de prensa.



Evolución no período 2007—2012 dos datos estadísticos dos cines por provincia
Datos polo miúdo



provincia de A Coruña
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 1.815.631 93 11.879.804,29 €  6'5 € 
2011 1.787.499 85 11.788.923,71 €  6'6 € 
2010 1.794.507 73 12.021.372,07 €  6'7 € 
2009 2.003.592 74 12.167.209,65 €  6'1 € 
2008 1.880.593 66 10.516.035,25 €  5'6 € 
2007 1.957.473 72 10.399.163,90 €  5'3 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en A Coruña: 17% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en A Coruña: 18'4%



provincia de Lugo
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 351.859 23 2.124.866,54 €  6 € 
2011 357.045 23 2.086.671,20 €  5'8 € 
2010 343.639 23 2.011.920,80 €  5'8 € 
2009 386.645 24 2.135.853,80 €  5'5 € 
2008 355.965 24 1.835.659,30 €  5'1 € 
2007 370.455 25 1.888.218,80 €  5'1 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en Lugo: 16'9% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Lugo: 15%



provincia de Ourense
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 273.827 12 1.891.096,55 €  7 € 
2011 268.778 12 1.791.414,30 €  6'6 € 
2010 265.255 13 1.691.532,90 €  6'3 € 
2009 285.310 12 1.701.864,00 €  5'9 € 
2008 263.039 12 1.521.181,90 €  5'7 € 
2007 273.704 16 1.569.643,50 €  5'7 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en Ourense: 15'9% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Ourense: 18'5%

A provincia que menos salas de cine posúe, destaca por un comportamento moi estable, e incluso cunha lixeira subida. Aínda que non estan tabulados datos do ano 2013, e non constan na grella oficial estatística do ICAA, o 5 primeiros meses do cineclube «», subíu a asistencia nun 30% máis con respecto ao mesmo periodo anterior.



provincia de Pontevedra
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 1.318.646 62 8.840.795,92 €  6'7 € 
2011 1.298.712 62 8.691.167,43 €  6'7 € 
2010 1.301.423 64 8.915.267,00 €  6'8 € 
2009 1.488.812 65 9.156.349,45 €  6'1 € 
2008 1.424.027 68 8.165.490,70 €  5'7 € 
2007 1.508.099 73 8.427.388,31 €  5'6 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en Pontevedra: 16'3% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Pontevedra: 16'4%

No ano 2013, a cidade de Pontevedra, perdeu os seus únicos cines, mantidos polo , do que falaremos nun apartado especial. A asistencia aos citados cines, no ano anterior rondaba tan só os 104.000 espectadores



Fontes:
Memoria de datos de asistencia e recadación (Ministerio de Cultura)
Evolución IPC (Instituto Nacional de Estatística)
Evolución prezos e Datos cineclubes (Cineclubes de Galicia)


31/12/12



Os cineclubes de Galicia, no seu conxunto, desenvolveron unha intensa actividade durante o pasado ano (periodo outubro 2011—2012).

Aparte dos incrementos de filmes proxectadores, 15 máis que o periodo anterior, sigue a destacar a varidade filmográficas dos países (+5) (en contraposición á programación dos multiplex de xeito case monográfico)

Destaca a provincia de , por canto coincide que, o cineclube que máis actividades propias realizou durante este periodo (2011—2012) foi o con 111 produccións entre curtas e longametraxes, enchendo ademáis de cine, unha localidade carente de oferta privada.

Ademáis, o cineclube que destaca por enriba incluso dos cineclubes de Galicia, é o de Ourense, con 8.222 espectadores (222 espectadores de media por filme). Siguen en número de espectadores o do Barco de Valdeorrras e (O Carballiño, Ourense).

O Ministerio de Cultura, calcula unha media de 35 persoas por día, e o CGAI, recoñece (2009) 37 espectadores de media por sesión.

O filme que máis espectadores congregou foi «» () de , con 471 espectadores do cineclube Padre Feijoo de Ourense.

As produccións máis exhibidas pola rede dos cineclubes de Galicia, foron dous filmes finlandeses «» (O baile a cegas) e «», (froito dun acordo de colaboración co Instituto Iberoamericano de Finlandia) e a excelente cinta iraniana «» (Nader e Simin, Unha Separación).

O producción galega «» sitúase en segunda posición, destacando este ano o volume de coproduccións españolas e francesas.

O nivel de financiamento dos cineclubes, atópase estable con relación á mesma cantidade —establecido en 24 mil euros— pactada coa (Agadic), e reducíuse considerablemente polos concellos, ocasionando compromisos municipais "ficticios" nas programacións, sen que se artelle unha estabilización orzamentaria.

Calcúlase un volume de negocio, que beneficia ás distribuidoras, produtoras, transportes, salas e publicidade, en cento un mil catrocentos euros (101.400 €)


Datos de filmes e espectadores por cineclube:



Número de filmes proxectados: 338

Número de espectadores: 25.020 espectadores

Variedade de produccións: 40 Países

Filmes máis proxectados: (5) , (5) e (5)
Filme galego máis proxectado: (4)
Filmes con máis espectadores: (471) e (442)

 


cineclube de
33 proxeccións · 1.155 espectadores

 


cineclube «»
18 filmes · 1.000 espectadores

 


cineclube
12 filmes · 1.040 espectadores

 


cineclube
13 filmes · 463 espectadores

 


cineclube «»
37 filmes · 8.222 espectadores

 


cineclube «»
24 filmes · 3.754 espectadores estimados

 


cineclub
111 filmes · 3.550 espectadores

 


cineclube
19 filmes · 855 espectadores estimados

 


cineclube
10 filmes · 300 espectadores

 


cineclube
29 filmes · 2.150 espectadores

 


cineclube «»
32 filmes · 1.984 espectadores estimados



Este ano ademáis, xunto co cineclube «», organizouse un «», no que participaron cineclubes de Galicia, Portugal e Castela León. (Lamentablemente de Euskadi non puido vir ninguén)


O encontro servíu para presentar 2 traballos documentais, que daran que falar no ano 2013; «Entreparadas» de Toño Chouza, e «» de , así como para presentar o proxecto de distribución, co Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que agardamos ultimar e concretar a primeiros do ano 2013.


Por último, só nos queda, desexar que o ano que ven, o bo cinema quente os desanxeados augurios…



Video: You Tube [. mp4 • 2 Mb]

21/03/12



Mentras a naturaleza fílmica nos convoca aos desastres, nun tenso e fermoso tránsito; a Administración con competenza en Galicia, nos resolve —pola fórmula do convenio— das necesidades e paixóns agochadas, por fenómenos «diplomáticos», tralo pasado encontro de cineclubes en Ourense.

Mentras, camiñaron con nós desalentos infructuosos, descubrimos amigos/as, cineclubes, e momentos máxicos, que algún día subiremos a este blogue.

Quedou para sempre a poesía de , o humor e a sabeduría de Julio, Fátima, Jorge…, encanto de Galicia, Portugal e Catalunya, e sobre todo alento dos espectadores que día a día enchen —en maior o menor medida— as salas dos cineclubes.

As conclusións dos encontros, encargáronnos establecer unha rede alternativa, da que poñemos a disposión 2, dos tres títulos achegados. («Mercado de Futuros» e «O poema o cadro o disco»)

Mercado de Futuros O Poema O Cadro O Disco

Foto do cartaz de «Mercado de Futuros» Alberto Rodríguez © 2011. A dereita, imaxe de «El Poema El Cuadro El Disco» Fotografía: Pier Alonso

Agardamos, entrar na normalidade, a pesar das nubes, e seguir fortalecendo espazos de proxección en Galicia.

01/11/11



O vindeiro fin de semana, 5 e 6 de novembro, xuntáranse cineclubes de toda Galicia, Portugal, e unha representación do audiovisual galego, e da Federació Catalana de Cineclubs.

O punto de encontro será en Ourense, no Auditorio Municipal, e servirá para o debate do sector audiovisual, especialmente no sector cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes, e ao mesmo tempo para reclamar unha política audiovisual á Xunta de Galicia, que carente de estratexias, quere deixar sen apoios ao cineclubismo galego.

O programa [.pdf • 620 Kb], se completa entre outras, coa proxeccións de filmes, unha conferencia sobre a distribución cinematográfica, impartida polo produtor, crítico e xornalista; Pepe Coira, e un concerto tributo ao poeta Lois Pereiro, polo grupo Ondas Martenot.

Podes consultar, e descargar o programa…

program encontros cc2011 ourense [.pdf • 620 Kb]

cartaz Encontros Ourense 2011

O encontro servirá tamén para presentar o memorandun dos cineclubes de Galicia, nos dous últimos anos, do que extractamos a continuación un adianto.
Con tecnoloxía de Blogger.