TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

10/03/13

Premio «PrimeirOlhar» para alumnos e alumnas das escolas de cinema



Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de e Galicia, outorgan un premio de 1.000 € , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar o 11 de maio de 2013, dentro dos «XIII Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cine, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.

O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia e Portugal. O prazo esta aberto ata o 5 de abril de 2013.

A duración máxima do documental, é de 30 minutos, e pódese participar en cantos traballos se desexen.

Máis información e ficha de inscripción en http://ao-norte.com/primeirolhar.php


Cartaz «PrimeirOlhar 2013»
Con tecnoloxía de Blogger.