TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid
Amosando publicacións coa etiqueta cineclube. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cineclube. Amosar todas as publicacións

14/09/20



Fai 50 anos que o cineclube Padre Feijoo fundouse en Ourense, en setembro de 1970 na , da que recolleu o seu nome.

Para dita ocasión, queríamos realizar un «Encontro» festivo dos Cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén a prudencia e circunstancias actuais, aconsellan unha celebración moito máis austera do que tiñamos pensado celebrar, será o vindeiro sábado 19 de setembro (2020) e deseguido tedes a programación.

Gostaríanos contar coa presenza de todas as persoas cineclubistas, en particular do Padre Feijoo para conmerorar o seu 50 aniversario, compartindo as vosas experiencias, ilusións e os nosos retos e impericias, degoirados con aprender todos e todas das vosas e nosas vivencias.
A capacidade para as diferentes localizacións (restaurante e cinema), pola situación da Covid-19, son limitadas, polo que precisamos formalices a reserva (e acompañante/s que desexes convidar) no seguinte formulario; calquera suxestión, solicitude ou preferencia (no menú, necesidades especiais…), non dúbides en facelo constar no campo das observacións.



Programa «Encontro de cineclubes» (19702020: 50 anos do CCPF)



venres 18 de setembro


21:00 h.  Proxección do primeiro filme (que coñezamos) que proxectou o cineclube Padre Feijoo

«Nueve Cartas a Berta» (Nove Cartas a Berta) de (España, 1966) · VO / castelán

Fotograma: Nueve Cartas a Berta
O primeiro filme do director castelán únese ao chamado «novo cinema español», un movemento renovador que ao final non tivo a merecida continuidade. A fita comeza cos versos do poeta Antonio Machado: «Esta é a historia dun español que quere vivir e comezar a vivir».
Acadou a Cuncha de Prata no Festival Internacional de Cinema en Donostia.

Fotografía: Luis Enrique Torán
Guión: Basilio Martín Patino
Música: Carmelo A. Bernaola & Gerardo Gombau

Reparto: Emilio Gutiérrez Caba, Montserrat Blanch, Mary Carrillo, Antonio Casas, José María Casaux, Manuel Domínguez Luna, María Elena Flores, Rosa Fúster

Premios: Festival de San Sebastián: Cuncha de prata á mellor ópera prima (1966)

Sipnose: Anos cincuenta. Lorenzo é un estudante salmantino que acaba de pasar un verán en Inglaterra, onde descubriu outras formas de vida e outros horizontes, ademais de coñecer a Berta, filla dun exiliado, pola que sente atraído. Ao seu regreso, o ambiente tradicional da súa familia, os seus amigos e a súa noiva resúltanlle atafegantes. Agudízanse as súas inquietudes en cartas dirixidas a esa Berta que quedou no estranxeiro


Evento de balde e limitado no aforo (capacidade máxima: 40 persoas). RESERVA A TÚA BUTACA




sábado 19 de setembro


11:30 h.  Presentación das actividades relativas ao 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


12:00 h.  Homenaxe aos cineclubistas e amigos/as do CCPF 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


14:00 h.  Xantar de confraternidade 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter restrinxido, para convidados/as con reserva previa e limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


16:00 h.  Tertulia café «Historias de Cinema na Auria» 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter aberto, con limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


18:00 h.  Despedida. Non pechamos a luz! Proxección do CCPF 

«Talking About Trees» de Suhaib Gasmelbari (Francia-Sudán-Chad 2019) · VOSPt / francés

Fotograma: Talking About Trees
Coa colaboración do Institute Français. O filme segue os esforzos do «Sudanese Film Club», representado polos cineastas xubilados Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi por reabrir un cinema ao aire libre na cidade de Omdurman ante décadas de censura islamista e burocracia ineficiente.

Fotografía: Suhaib Gasmelbari
Guión: Suhaib Gasmelbari
Xénero: documental

Reparto: Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi

Premios: Berlinale: Premio do documental orixinal e premio do público (2019)

Sipnose: Catro homes falan á luz das candeas, xa que a compañía eléctrica nacional cortou a subministración na zona, nunha especie de rexeitamento metafórico do propio cinema, as imaxes saltan por un estudo de radio. Ibrahim di que o cinema é un heroe «que pode morrer por morte natural ou ser asasinado por un traidor». A polémica aínda rodea o réxime ditatorial islamista, mentres que a paixón pola industria do cinema segue a ser forte. Viaxando nunha antiga e enferruxada caravana, os catro amigos chegan á praza dunha cidade e estenden un pano sobre a muralla dun edificio. Logo, homes, mulleres e nenos veñen; sen patrocinadores nin publicidade, sen discursos nin ministros de goberno, só contan coa autorización do dono deste improvisado anfiteatro (chamado Revolution Cinema) para restauralo.




ATENCIÓN: Todos os eventos están ao abeiro da evolución e pautas sanitarias marcadas pola administración pola Covid–19, polo que dita programación pode verse afectada.
Consulta o protocolo de seguridade do cineclube Padre Feijoo.


Ligazón relacionada:
Páxina do cineclube Padre Feijoo: 50 anos, 50 filmes




04/09/19



Cineclube Os Papeiros organizaou en no o pasado sábado 7 de setembro, unha nova xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, a segunda edición, onde contamos coa presenza de Bocixa, membros das plataformas contra a minería de Touro, Teo…, Belén Veleiro, o Señor Lili e Pulpiño Viascon (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar campestre e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra» II.

15/10/12



Este é o programa oficial:

sábado 27 de outubro

10:00 h. Entrega de credenciais.

11:00 h. Inauguración.

11:30 h. Documentais galegos: Presentación «Entreparadas» de Toño Chouza.

Proxección do tráiler (producido por e ). Coloquio coa equipa artística.

12:45 h. Documentais galegos: Presentación «A Última Viaxe do Afiador» de Aitor Rei.

Proxección do teaser (producido por ). Coloquio co .

14:30 h. Descanso para xantar

17:00 h. Tertulia: A situación do cineclubismo.

Interveñen representantes dos cineclubes de Asturies, Castilla y León, Euskadi e Galicia. Relatorio estadístico dos cineclubes 2011-2012 [.pdf • 00 Kb]

18:00 h. Proxección: «» (Cineastas Contra Magnates)
 de (España 2005)



Ensaio cinematográfico en defensa dos dereitos morais dos cineastas fronte ás manipulacións que sofren os filmes desde os orixes do cinema ata hoxe. O documental ten a súa continuación en «Cineastas en Acción» (2005)


Fotografía: Xavier Camí & Tomás Pladevall

Reparto: Marta Belmonte, Arthur Penn, Liv Ullmann, Richard Fleischer, Stanley Donen, Jack Cardiff, Sydney Pollack, Woody Allen, Milos Forman

Premios: Goya mellor documental (2005)

Guión: Carlos Benpar & Ferran Alberich
Música: Xavier Oró & Pep Solorzano
Sipnose: Relata as alteracións acontecidas no medio audiovisual ao longo da historia, desde o troco de velocidade dos filmes mudos ata o coloreado electrónico de fitas rodados en branco e negro, unha loita que soe enfrontar o espiritu creador contra o manipulador e que, diante de todo, pretende ser un manifesto na defensa dos dereitos morais do autor cinematográfico sobre a súa obra diante das manipulacións ás que "obriga" o medio audiovisual.

19:45 h. Conversa con Carlos Benpar
 (director de «Cineastas Contra Magnates» e «Cineastas en Acción»)

21:30 h. Descanso para a cea


domingo 28 de outubro

11:00 h. Conferencia de Martin Pawley «Os números do cinema», «Sempre nos quedarán os festivais (e os cineclubes)».

12:30 h. Visita turística guiada por Felipe Arias Vilas, Director do .

14:30 h. Descanso para xantar

17:00 h. Proxección: «» —Blood Brothers— (Irmáns de Sangue) de Arno Dierickx
 (Holanda, 2008)

Ópera prima do director, baseada en feitos reais.
Fita que procede do convenio do OUFF coa «Feciga» para a distribución de filmes do festival ourensán pola rede dos cineclubes galegos.

Premio: «Carlos Velo» mellor director ( 2009).

Guión: Bert Bouma & Jan Bernard Bussemaker
Música: Johan Hoogewijs

Reparto: Erik van Heijningen, Matthijs van de Sande Bakhuyzen, Derk Stenvers, Sander van Amsterdam
Sipnose: Tres xoves agochan a seu amigo Ronnie, un criminal perseguido pola policía, no ático da inmensa vila na que viven dous dos rapaces. Ronnie se refuxia na casa sen que os pais dos rapaces nin o persoal da casa se percaten de nada. Ao principio, a situación divierte aos rapaces, ata o día en que Ronnie se convirte nunha carga e empeza a chantaxearlles. E xa non se atreven a bótalo.



Todas as actividades desenvolveranse no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, rúa San Marcos,  8.



Ligazóns relacionadas:

Sitio web: http://ir.gl/Encontro-Cineclubes-2012

Programa de man Encontro Cineclubes 2012 - Lugo [.pdf • 6'32 Mb]

Cartaz Encontros: tamaño A3 [.png • 4'13 Mb]

26/11/11

Resumo Visual 2011



Clipe de 2 minutos e medio, cun resumo visual dos filmes proxectados durante o ano 2011 nas 22 pantallas dos cineclubes asociados a Federación de Cineclubes de Galicia; en total foron unhos 40.000 espectadores os que tiveron a oportunidad de ollar unha selección de filmografías de 35 países, fitas a maioría en versión orixinal subtitulada, e que ben seguro, en moitos espertaron sentimentos, conciencias, bágoas ou sonrrisos. A banda sonora deste clipe pertence a Sam Roberts «The Canadian Dream» extraído do seu traballo We Were Born in a Flame.


Video: You Tube [. mp4 • 8'22 Mb]


Imaxes de películas con dereitos reservados © a favor dos seus autores. Os fotogramas recollidos se acollen ao dereito de cita ou ilustración. No caso de opoñerse á curta exposición de ditos fotogramas, diríxanos un correo electrónico para súa eliminación.

01/11/11



O vindeiro fin de semana, 5 e 6 de novembro, xuntáranse cineclubes de toda Galicia, Portugal, e unha representación do audiovisual galego, e da Federació Catalana de Cineclubs.

O punto de encontro será en Ourense, no Auditorio Municipal, e servirá para o debate do sector audiovisual, especialmente no sector cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes, e ao mesmo tempo para reclamar unha política audiovisual á Xunta de Galicia, que carente de estratexias, quere deixar sen apoios ao cineclubismo galego.

O programa [.pdf • 620 Kb], se completa entre outras, coa proxeccións de filmes, unha conferencia sobre a distribución cinematográfica, impartida polo produtor, crítico e xornalista; Pepe Coira, e un concerto tributo ao poeta Lois Pereiro, polo grupo Ondas Martenot.

Podes consultar, e descargar o programa…

program encontros cc2011 ourense [.pdf • 620 Kb]

cartaz Encontros Ourense 2011

O encontro servirá tamén para presentar o memorandun dos cineclubes de Galicia, nos dous últimos anos, do que extractamos a continuación un adianto.



«Queren matar a cultura de base, e así convertir a Galicia, nun exemplo mundial de referencia, ao desprotexer a formación e a cultura cinematográfica dos cidadáns, desprezando aos espectadores actuais, e esquencendo a débil situación da industria audiovisual, ao anular a proxección da actividade cineclubista de xeracións futuras»

(, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e secretario do cineclube «Padre Feijoo» de Ourense)

Os , son as principais institucións cinematográficas nas vilas e cidades nas que radican. A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», agrupa a case duas ducias de , que se estenden por case todas as comarcas de Galicia, fronte a inexistente rede pública de salas que proxecten cine («not theatrical» ou cine independente, de autor, documentais, curtas… etc.)

Ademáis os cineclubes, cumpren unha función formativa e cultural, que non existe garantida por parte de actores privados, e onde a Administración tampouco a oferta, agás na cidade da Coruña, por medio do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), que pagamos todos os galegos, pero que solo programa nunha cidade.
A Xunta de Galicia, desde aproximadamente 20 anos, —os mesmos do CGAI— colaboraba coa actividade dos cineclubes, mediante a firma dun convenio coa rede galega de cineclubes federados, ao obxecto de fomentar a formación e difusión cinematográfica, a proxección de obras galegas e apoio a actividade cultural propia, que o CGAI non ofrecía, polas comarcas e cidades do resto de Galicia.

A relacións cos diferentes gobernos, non sempre foron fáciles, aínda que o interlocutor era sempre algún órgano dependente da presidencia, as cantidades comprometidas variaban, entre 60-30, e 24 mil euros (in extremis), no último ano.

Froito dunha falta de estratexia e política audiovisual, nesta lexislatura, os interlocutores foron mudando; primeiro a Secretaria xeral de medios, dependente do Presidente da Xunta, segundo o Consorcio Audiovisual de Galicia, e logo para finalizar un periplo de oito meses; na Consellería de Cultura e o responsable do Agadic.

Sen embargo, pasouse da importancia capital na cultura cinematográfica, recoñecemento da labor desenvolta, —con case 50 anos en algún dos cineclubes galegos—, a comunicar se nos, por medio dunha triste… e a bo seguro funcionaria «responsables dos marróns», (da Axencia Galega de Industrias Culturais -?!-), que este ano; « é difícil, que hai moita crise…e que polo tanto… » non habia orzamento posible. Cero.

Resulta paradóxico, que nunha entrevista co Conselleiro e o responsable do Agadic, Juan Carlos Fasero, dixeran que era «inexplicable a falta de apoio do Consorcio do Audiovisual, porque tiña que haber prioridades…»

Resulta que, nos 10 meses transcurridos, ninguén soupera da crise, e utilice a mesma, como argucia, sen máis argumento, para explicarlle aos 22 cineclubes; sen máis información que ofrecer, aos espectadores do , , ou , que non só perderán un cineclube, senón tamén a posibilidade de ver cine.

Talvez, os administradores da cousa pública, non se decaten do volume de negocio que pode desaparecer dentro da industria cinematográfica, por canto arredor de 189 mil euros como mínimo deixaran de ingresar as productoras e distribuidoras, pola desaparición dos cineclubes. Seguramente, acostumados as grandes cifras do , o Xacobeo etc., pensen na pouca importancia, e mesmo desprezen o volume de espectadores acumulados nos últimos anos (máis de 58 mil), pero coa desaparición dos cineclubes, pérdese, aparte da cultura cinematográfica, e nalgunhas vilas; a costume do cine, censúranse ao mesmo tempo, as oportunidades artísticas e a transversalidade que posúe o cinema na educación.

Con todo, a pesar dos parches que se escoitan reclamar da industria, seguiremos a escoitar sobre o pirateo do cine, sen reparar na oferta cinematográfica que se ofrece habitualmente nos multicines —operados polas multinacionais—, e sen analizar outras formas de distribución alonxada do . Así, quen sofre é a producción propia dun país, que non pode acceder nas mesmas condicións, e que ata agora era visible na digna e humilde presencia das xanelas que podían ofrecer os cineclubes.

Lóxicamente na situación actual, hai prioridades, e entederíamos os recortes para garantir, as pensións, a sanidade a educación… pero dentro da labor cultural, non se entende as inversións soamente nunha cidade, e abandonar ao resto; porque aparte da súa desigualdade territorial provoca unha inxustiza, con respecto a outras actividades patrocinadas pola Administración, por exemplo; a visita do Papa, o Xacobeo, ou mesmo as actividades «estrelas» para visitar a cidade «da cultura», convertido a xestión cultural, nun canastro cheo de vacuidade e publicidade.

Deste xeito, directa e indirectamente, se perderán futuros espectadores, perderá a propia industria cinematográfica, os postos de traballo, directos e indirectos… e sobre todo, pérdese no futuro, o traballo cultural presente, e o desenvolto ata agora; gañando para os anais da historia do cine en España, que Galicia, foi a primeira comunidade do estado, en liquidar os cineclubes, pola desidia dos seus administradores.



Nota: Esta artigo, enviouse aos medios de comunicación de Galicia, como nota de prensa, xunto cun memorandum da actividade dos cineclubes de Galicia, durante os dous úlimos anos.

Lamentablemente hai que dicir, que foi censurado e ninguneado, supoñemos por non molestar á institución… que rega con abundantes cartos dos galegos a supervivencia dun modelo de xornalismo, que así lles vai.

31/05/11



O documental posúe unha licenza Creative Commons para a súa distribución, sendo a presente versión subitulada en galego (VOSG).

O sitio oficial «opensourcecinema.org»* onde se aloxaba o proxecto, está fora de liña e, neste outro sitio, pode visionarse en inglés, facer doazóns ou acceder ás remesturas.

* Enderezo fora de liña, liga co sitio archive.org da organización IA (Arquivo de Internet).



Rip! A Remix Manifesto

Titulo orixinal:
Rip! A Remix Manifesto

Lingua: Inglés · VOSG

Ano:

País:

Duración: 80  min.

Director:

Guión: Brett Gaylor

Música:

Fotografía:

Reparto:

Produtoras:
Eye Steel Film / National Film Board of Canada (NFB)

Xénero: ,

Máis info: Film Affinity



Sinopse: Documental realizado por Brett Gaylor, o cal quere filmar un documental sobre «Girl Talk». Porén descubre que pode ser acusado de criminal, porque «Girl Talk» fai remesturas.

O documental, traza entón o pasado, o presente e o futuro dos conceptos da propiedade intelectual, o copyright, o , e cuestiona o marco actual, que restrinxe a orixinalidade, a creatividade e, en última instancia, a cultura.






Video: You Tube [. mp4 • 298 Mb]



Con tecnoloxía de Blogger.