TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo…

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid
Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións

01/11/11




«Queren matar a cultura de base, e así convertir a Galicia, nun exemplo mundial de referencia, ao desprotexer a formación e a cultura cinematográfica dos cidadáns, desprezando aos espectadores actuais, e esquencendo a débil situación da industria audiovisual, ao anular a proxección da actividade cineclubista de xeracións futuras»

(, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e secretario do cineclube «Padre Feijoo» de Ourense)

Os , son as principais institucións cinematográficas nas vilas e cidades nas que radican. A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», agrupa a case duas ducias de , que se estenden por case todas as comarcas de Galicia, fronte a inexistente rede pública de salas que proxecten cine («not theatrical» ou cine independente, de autor, documentais, curtas… etc.)

Ademáis os cineclubes, cumpren unha función formativa e cultural, que non existe garantida por parte de actores privados, e onde a Administración tampouco a oferta, agás na cidade da Coruña, por medio do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), que pagamos todos os galegos, pero que solo programa nunha cidade.
A Xunta de Galicia, desde aproximadamente 20 anos, —os mesmos do CGAI— colaboraba coa actividade dos cineclubes, mediante a firma dun convenio coa rede galega de cineclubes federados, ao obxecto de fomentar a formación e difusión cinematográfica, a proxección de obras galegas e apoio a actividade cultural propia, que o CGAI non ofrecía, polas comarcas e cidades do resto de Galicia.

A relacións cos diferentes gobernos, non sempre foron fáciles, aínda que o interlocutor era sempre algún órgano dependente da presidencia, as cantidades comprometidas variaban, entre 60-30, e 24 mil euros (in extremis), no último ano.

Froito dunha falta de estratexia e política audiovisual, nesta lexislatura, os interlocutores foron mudando; primeiro a Secretaria xeral de medios, dependente do Presidente da Xunta, segundo o Consorcio Audiovisual de Galicia, e logo para finalizar un periplo de oito meses; na Consellería de Cultura e o responsable do Agadic.

Sen embargo, pasouse da importancia capital na cultura cinematográfica, recoñecemento da labor desenvolta, —con case 50 anos en algún dos cineclubes galegos—, a comunicar se nos, por medio dunha triste… e a bo seguro funcionaria «responsables dos marróns», (da Axencia Galega de Industrias Culturais -?!-), que este ano; « é difícil, que hai moita crise…e que polo tanto… » non habia orzamento posible. Cero.

Resulta paradóxico, que nunha entrevista co Conselleiro e o responsable do Agadic, Juan Carlos Fasero, dixeran que era «inexplicable a falta de apoio do Consorcio do Audiovisual, porque tiña que haber prioridades…»

Resulta que, nos 10 meses transcurridos, ninguén soupera da crise, e utilice a mesma, como argucia, sen máis argumento, para explicarlle aos 22 cineclubes; sen máis información que ofrecer, aos espectadores do , , ou , que non só perderán un cineclube, senón tamén a posibilidade de ver cine.

Talvez, os administradores da cousa pública, non se decaten do volume de negocio que pode desaparecer dentro da industria cinematográfica, por canto arredor de 189 mil euros como mínimo deixaran de ingresar as productoras e distribuidoras, pola desaparición dos cineclubes. Seguramente, acostumados as grandes cifras do , o Xacobeo etc., pensen na pouca importancia, e mesmo desprezen o volume de espectadores acumulados nos últimos anos (máis de 58 mil), pero coa desaparición dos cineclubes, pérdese, aparte da cultura cinematográfica, e nalgunhas vilas; a costume do cine, censúranse ao mesmo tempo, as oportunidades artísticas e a transversalidade que posúe o cinema na educación.

Con todo, a pesar dos parches que se escoitan reclamar da industria, seguiremos a escoitar sobre o pirateo do cine, sen reparar na oferta cinematográfica que se ofrece habitualmente nos multicines —operados polas multinacionais—, e sen analizar outras formas de distribución alonxada do . Así, quen sofre é a producción propia dun país, que non pode acceder nas mesmas condicións, e que ata agora era visible na digna e humilde presencia das xanelas que podían ofrecer os cineclubes.

Lóxicamente na situación actual, hai prioridades, e entederíamos os recortes para garantir, as pensións, a sanidade a educación… pero dentro da labor cultural, non se entende as inversións soamente nunha cidade, e abandonar ao resto; porque aparte da súa desigualdade territorial provoca unha inxustiza, con respecto a outras actividades patrocinadas pola Administración, por exemplo; a visita do Papa, o Xacobeo, ou mesmo as actividades «estrelas» para visitar a cidade «da cultura», convertido a xestión cultural, nun canastro cheo de vacuidade e publicidade.

Deste xeito, directa e indirectamente, se perderán futuros espectadores, perderá a propia industria cinematográfica, os postos de traballo, directos e indirectos… e sobre todo, pérdese no futuro, o traballo cultural presente, e o desenvolto ata agora; gañando para os anais da historia do cine en España, que Galicia, foi a primeira comunidade do estado, en liquidar os cineclubes, pola desidia dos seus administradores.



Nota: Esta artigo, enviouse aos medios de comunicación de Galicia, como nota de prensa, xunto cun memorandum da actividade dos cineclubes de Galicia, durante os dous úlimos anos.

Lamentablemente hai que dicir, que foi censurado e ninguneado, supoñemos por non molestar á institución… que rega con abundantes cartos dos galegos a supervivencia dun modelo de xornalismo, que así lles vai.

31/05/11



O documental posúe unha licenza Creative Commons para a súa distribución, sendo a presente versión subitulada en galego (VOSG).

O sitio oficial «opensourcecinema.org»* onde se aloxaba o proxecto, está fora de liña e, neste outro sitio, pode visionarse en inglés, facer doazóns ou acceder ás remesturas.

* Enderezo fora de liña, liga co sitio archive.org da organización IA (Arquivo de Internet).



Rip! A Remix Manifesto

Titulo orixinal:
Rip! A Remix Manifesto

Lingua: Inglés · VOSG

Ano:

País:

Duración: 80  min.

Director:

Guión: Brett Gaylor

Música:

Fotografía:

Reparto: …

Produtoras:
Eye Steel Film / National Film Board of Canada (NFB)

Xénero: ,

Máis info: Film Affinity



Sinopse: Documental realizado por Brett Gaylor, o cal quere filmar un documental sobre «Girl Talk». Porén descubre que pode ser acusado de criminal, porque «Girl Talk» fai remesturas.

O documental, traza entón o pasado, o presente e o futuro dos conceptos da propiedade intelectual, o copyright, o , e cuestiona o marco actual, que restrinxe a orixinalidade, a creatividade e, en última instancia, a cultura.






Video: You Tube [. mp4 • 298 Mb]



Con tecnoloxía de Blogger.