TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

12/11/13

Encontros de cineclubes 2013



Este é programa oficial:

sábado 16 de novembro:
10:30 h. Benvida.
hInauguración.
11:30 h. Actividades de cinema: Obradoiro didáctico de dobraxe de filmes.
Promovido polo IES Daviña Rei (Monforte de Lemos, rúa Doutor Casares 63)

12:30 h. Programación, distribución: «O fin dos 35mm».
con Emma Fernández, da equipa de difusión da Filmoteca de Catalunya.

14:30 h. Descanso para xantar
Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte

17:00 h. Coloquio: Cineclubismo.
Interveñen representantes dos cineclubes de Portugal, Catalunya e Galicia.

19:00 h. Conferencia: «Imaxe e cine» polo produtor e documentalista freelance Manuel Valcarce.
20:00 h. Conferencia: «Produción» con Iván Patiño (cofundador de ).
Proxección da súa curta «Deil»

21:30 h. Descanso para a cea
Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte

domingo 17 de novembro:
11:30 h. Proxección: «» de David Vázquez
 (Galiza, 2013)
Nas augas dos ríos escóndense peixes, pedras, árbores… pero tamén camiños, lembranzas, vidas… asolagadas…
Grazas á colaboura da «Asociación Educativo-Cultural Airoá Comunicación», «» e «Chantada Comunicación S.L», o documental trata de recuperar a memoria dos pobos asolagados polo encoro de Belesar no ano 1963.
Filme procedente do convenio do OUFF coa «Feciga» para a distribución de filmes do festival ourensán pola rede dos cineclubes galegos.

Mencións:  2013 sección paralela, panorama Galicia.
Guión: Alfonso Eiré
Música: Chechu Carballido, A Quenlla

Sipnose: Documental sobre a xente e os seus pobos (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó…), anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río miño: dos restos das casas, das ádegas, das árbores… e especialmente, das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construcción do salto e que se viron obrigadas a deixalo todo.

Formato de exhibición: DVD · VO.

12:30 h. Visita guiada .
14:30 h. Descanso para xantar
Lugar: Restaurante Los Goya, rúa Carud 68—70 — Monforte

17:00 h. Proxección: «» de Alberto Lobelle
 (España, 2010)
 
Certames e Festivais: Documenta Madrid 11, Aljazeera International Documentary Film Festival 2011, Cronograf 9, Cinestrat 2011, Medimed 2011, 43º Muestra Cinematográfica del Atlántico - Alcances.

Reparto: Grupo de cativos da Escola Aberta de Arte de Ferrol

Sipnose: en calquera lugar do mundo aparece, da forma máis natural, o prodixio da aprendizaxe, o asombro do descubrimento. O documental amosa a un grupo de nenos da Escola Aberta de Arte de Ferrol durante un ano, as primeiras emocións deslízanse ante a nosa mirada, momentos verdadeiros, únicos e precisos, nunha sucinta biografía da infancia.

Formato de exhibición: mov 16:9 HD · VO (español)

19:00 h. Remate e clasura dos «Encontros» 2013
· Monforte de Lemos.


Todas as actividades desenvolveranse no Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa do Comercio 6.

cartaz Encontros 2013

Ligazóns relacionadas:

Sitio web: http://ir.gl/Encontro-Cineclubes-2013

Programa de man Encontro Cineclubes 2013 - Monforte [.pdf • 2'7 Mb]


Con tecnoloxía de Blogger.