A historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas é o pretexto de «Entreparadas»; así José, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provenientes de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros voluntarios/as).
Estos son os lugares e datas de proxección:
O Carballiño (cineclube Carballiño)
10 de xaneiro, sesións: 20 e 23 h. no Auditorio Municipal
Ourense (cineclube Padre Feijoo)
15 de xaneiro, sesións: 18, 20:30 e 23 h. na Biblioteca Pública Nodal.
O Barco de Valdeorras (cineclube Groucho Marx)
16 de xaneiro, sesións: 20:15 e 22:15 h. no teatro Lauro Olmo
Vigo (cineclube Lumiêre)
20 de xaneiro ás 20:30 h. no Auditorio da praza do Rei
Pontevedra (cineclube Pontevedra)
22 de xaneiro 2014, sesións: 20 e 22 h. no Teatro Principal
Ribadavia: Museo etnolóxico
24 de xaneiro ás 20:30 h. no propio Museo, na rúa de Santiago
Lugo (cineclube Valle-Inclán)
29 de xaneiro 2014 ás 20 h. no salón de actos da Deputación
Allariz na Fundación Vicente Risco
20 de febreiro 2014 ás 20 h. rúa San Lorenzo 3
Cambados
22 de febreiro 2014
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 15'1 Mb]
Título: «Entreparadas»
Ano: 2012
País: Galicia, España
Director: Toño Chouza [
+ info]
Guión: Toño Chouza
Música: Nico Casal e O Sonoro Maxín
Fotografía: Toño Chouza e Pablo Chouza
Reparto: Silvia Adán , Maguett Anne, Teresa Da Silva, Marisol Delgado, Beatriz Docabo…
Duración: 62 min.
Productores: PAT Galicia | Ébora Cast (Maxi Cid, María Liaño, Jorge Coira)
Exhibición: HDV 16:9 · Cor
Idiomas: castelán e galego · VOS (versión orixinal subtitulada)
Sipnose:
Esta historia conxuga teatro e inclusión social nun escenario diferente; as liñas dun autobús municipal. Conta unha experiencia e reflicte os momentos máis emotivos de 16 persoas que son heores reais da vida cotiá.
Premios e mencións:
2013 Collado Villalba · Fecidiscovi: Mellor filme
Crítica:
"A potencia das historias alí recollidas era tal que era imposible desconectar nin un segundo do que os protagonistas contaban. Un grupo de persoas con diversos problemas xúntanse para realizar varias pezas teatrais nun autobús. Historia de superación, de valor e, sobre todo, de optimismo. Un optimismo e unha vitalidade que provoca que sexa imposible non romper a chorar ante unhas historias que abraian en todos os sentidos. Agardo que o documental chegue ao maior número de pantallas posible, non só polo seu carácter narrativo senón polo seu alto valor didáctico. Non dubiden en ir a velo se teñen ocasión!…"
Brais Romero (Praza Pública)
Folla de sala:
Entreparadas [.pdf • 72 Kb]
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscita este filme, neste blogue ou en calquera dos blogues dos cineclubes onde proxéctase, ou ben nas redes sociais nas que participan, apreciamos os vosos comentarios.