TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

01/12/14

«Primeirolhar» 2015



Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de e Galicia, outorgan un premio de 1.000  , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar entre o 4—10 de maio de 2015, dentro dos «XV Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cine, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.

O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia e Portugal. O prazo esta aberto até o 14 de marzo de 2015.

A duración máxima do traballo fílmico é de 30 minutos, e pódese participar con cantos traballos desexen.

Máis información e ficha de inscrición en http://www.ao-norte.com/encontros/2015/primeirolhar.php


Cartaz «PrimeirOlhar 2015»
Con tecnoloxía de Blogger.