Neste encontro de cineclubes de Galicia e Portugal, xunto cos profesionais de cinema, alumnos e alumnas das escolas (participan tamén escolas internacionais de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e as maneiras que desenvolven no eido formativo.
O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos e alumnas das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia, Portugal, Brasil e países lusófonos. Podes consultar o regulamento e cumprimentar o formulario (consultar data) no sitio da Asociación «Ao Norte».
A duración máxima do traballo fílmico debe ser inferior a 30 minutos (excepcionalmente poderíanse presentar traballos que superen dita duración), podendo participar con cantos traballos desexen.
Máis información e ficha de inscrición en http://www.encontrosdecinema.pt/primeirolhar.php










