TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

14/09/20

Encontro de cineclubes 2020



Fai 50 anos que o cineclube Padre Feijoo fundouse en Ourense, en setembro de 1970 na , da que recolleu o seu nome.

Para dita ocasión, queríamos realizar un «Encontro» festivo dos Cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén a prudencia e circunstancias actuais, aconsellan unha celebración moito máis austera do que tiñamos pensado celebrar, será o vindeiro sábado 19 de setembro (2020) e deseguido tedes a programación.

Gostaríanos contar coa presenza de todas as persoas cineclubistas, en particular do Padre Feijoo para conmerorar o seu 50 aniversario, compartindo as vosas experiencias, ilusións e os nosos retos e impericias, degoirados con aprender todos e todas das vosas e nosas vivencias.
A capacidade para as diferentes localizacións (restaurante e cinema), pola situación da Covid-19, son limitadas, polo que precisamos formalices a reserva (e acompañante/s que desexes convidar) no seguinte formulario; calquera suxestión, solicitude ou preferencia (no menú, necesidades especiais…), non dúbides en facelo constar no campo das observacións.



Programa «Encontro de cineclubes» (1970–2020: 50 anos do CCPF)



venres 18 de setembro


21:00 h.  Proxección do primeiro filme (que coñezamos) que proxectou o cineclube Padre Feijoo

«Nueve Cartas a Berta» (Nove Cartas a Berta) de (España, 1966) · VO / castelán

Fotograma: Nueve Cartas a Berta
O primeiro filme do director castelán únese ao chamado «novo cinema español», un movemento renovador que ao final non tivo a merecida continuidade. A fita comeza cos versos do poeta Antonio Machado: «Esta é a historia dun español que quere vivir e comezar a vivir».
Acadou a Cuncha de Prata no Festival Internacional de Cinema en Donostia.

Fotografía: Luis Enrique Torán
Guión: Basilio Martín Patino
Música: Carmelo A. Bernaola & Gerardo Gombau

Reparto: Emilio Gutiérrez Caba, Montserrat Blanch, Mary Carrillo, Antonio Casas, José María Casaux, Manuel Domínguez Luna, María Elena Flores, Rosa Fúster…

Premios: Festival de San Sebastián: Cuncha de prata á mellor ópera prima (1966)

Sipnose: Anos cincuenta. Lorenzo é un estudante salmantino que acaba de pasar un verán en Inglaterra, onde descubriu outras formas de vida e outros horizontes, ademais de coñecer a Berta, filla dun exiliado, pola que sente atraído. Ao seu regreso, o ambiente tradicional da súa familia, os seus amigos e a súa noiva resúltanlle atafegantes. Agudízanse as súas inquietudes en cartas dirixidas a esa Berta que quedou no estranxeiro


Evento de balde e limitado no aforo (capacidade máxima: 40 persoas). RESERVA A TÚA BUTACA




sábado 19 de setembro


11:30 h.  Presentación das actividades relativas ao 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


12:00 h.  Homenaxe aos cineclubistas e amigos/as do CCPF 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


14:00 h.  Xantar de confraternidade 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter restrinxido, para convidados/as con reserva previa e limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


16:00 h.  Tertulia café «Historias de Cinema na Auria» 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter aberto, con limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


18:00 h.  Despedida. Non pechamos a luz! Proxección do CCPF 

«Talking About Trees» de Suhaib Gasmelbari (Francia-Sudán-Chad 2019) · VOSPt / francés

Fotograma: Talking About Trees
Coa colaboración do Institute Français. O filme segue os esforzos do «Sudanese Film Club», representado polos cineastas xubilados Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi por reabrir un cinema ao aire libre na cidade de Omdurman ante décadas de censura islamista e burocracia ineficiente.

Fotografía: Suhaib Gasmelbari
Guión: Suhaib Gasmelbari
Xénero: documental

Reparto: Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi

Premios: Berlinale: Premio do documental orixinal e premio do público (2019)

Sipnose: Catro homes falan á luz das candeas, xa que a compañía eléctrica nacional cortou a subministración na zona, nunha especie de rexeitamento metafórico do propio cinema, as imaxes saltan por un estudo de radio. Ibrahim di que o cinema é un heroe «que pode morrer por morte natural ou ser asasinado por un traidor». A polémica aínda rodea o réxime ditatorial islamista, mentres que a paixón pola industria do cinema segue a ser forte. Viaxando nunha antiga e enferruxada caravana, os catro amigos chegan á praza dunha cidade e estenden un pano sobre a muralla dun edificio. Logo, homes, mulleres e nenos veñen; sen patrocinadores nin publicidade, sen discursos nin ministros de goberno, só contan coa autorización do dono deste improvisado anfiteatro (chamado Revolution Cinema) para restauralo.




ATENCIÓN: Todos os eventos están ao abeiro da evolución e pautas sanitarias marcadas pola administración pola Covid–19, polo que dita programación pode verse afectada.
Consulta o protocolo de seguridade do cineclube Padre Feijoo.


Ligazón relacionada:
Páxina do cineclube Padre Feijoo: 50 anos, 50 filmes




0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»

Con tecnoloxía de Blogger.