O comunicado [.pdf · 87 kB] da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» en relación á Covid–19 enviado aos medios o 15 de marzo de 2020.
Tras a declaración do estado de alarma por parte do Goberno (RD 463/2020 do 14 de marzo), a «Feciga» e os seus cineclubes asociados interromperon temporalmente a súa actividade.
Queremos mostrar o noso maior agradecemento público a cuantos están a dedicar os seus maiores esforzos para prestar os servizos esenciais e condolencias a familiares e amigos pola perda dos seus seres queridos.
A noso público pedímoslle comprensión e trasladámoslles a mensaxe de responsabilidade persoal e colectiva ao que están permanentemente apelando as autoridades sanitarias e administrativas.
Pola túa saúde e a dos demais, Queda na casa!.
Moito ánimo e forza!
Todo volverá!
Nuncha choveu que non escampe
Tarde ou cedo todo pasará,
e lembraremos a primavera de 2020
como aquela época na cal descubrimos
a importancia das pequenas cousas,
as que nos fan ser como somos.
Lembraremos as prohibicións,
lembraremos as estatísticas,
lembraremos o medo,
lembraremos as perdas humanas (e tamén as económicas),
lembraremos aquelas persoas que traballaron sen descanso
para coidarnos e sacarnos adiante,
Lembraremos como nos unimos
todos os días ás 8 da noite.
Tarde ou cedo sairemos desta…
E todo volverá!







2 comentarios:
https://itty.bitty.site/#No_hay_mal_que_cien_a%C3%B1os_dure/?XQAAAAJ0AgAAAAAAAAAeGQknmB3UqFwn20+FUzOrvh1mjEzVhNKax7rTUSUcqk8VOMhTdpP3m+v+vcY1dCNmt7y97rz41gb+/dqBcS+skNLzVfX4x4jnXL0XUiUaPnwPdXaFkBmEg0/Cp9JO9xxt6ELo2IJe2XiaifOoZFdHZhIg+acr7You0J4k5PmIaKXSeKznjsqaflIwEbFkDzIBhgKF6RqpM4HH32hHPSLIIit/4Swz1NqVyZQsE+5gQCGtm0Z3q4IrU9FM6IQEzFg1DtpM5XrUU1wBzXZo7arUtJOnIBIXmChqpFlpUJvm52EA6IcJTgxlZfnNy29ddETm0gD4dBhnHNfXPNjEQdFV8AlhDZda/epFsb1VdvqeYj/oSQuDEDGFqWb7Jq+tWZipPXYUM/YXFsbzmPiy9luUJDwmH1VZHMZi5WzdPIUJ8OiqrlTtSdYayycWH+2Ct6C9+jxQiDomcGPbphVC8DGFNROs9Uacxs+gL07++C58fw==
https://itty.bitty.site/#N%C3%A3o_h%C3%A1_mal_que_sempre_dure%2C_nem_bem_que_n%C3%A3o_se_acabe/?XQAAAAI5AgAAAAAAAAAqGEpGVgfpRDNSXFQVuJG6KpUae3t5vptw8mMzJsQjdiVbuZIG3va7HmfpJUkYR1wwriUmdivcZ6Zymkg1qTqWTPRlziZq8T0XImBS/O6UwLE+SDN4QU3Ev8BmMGr+kIGZ8XtdiJTkhQrhfG6ycAgKx1qJ+ueITpdcnI6nT14w5gA4LK0HZx0stYgPwNZRmdhYFLmBe4E+aYWlif6Bb61LF+rcifF59+zt4t0T7MDHQ/k546aT20qlHAV56RSvIPkSbiSI7O2PUKaTndZIH2ceOn5DdTCENwc0ChWG5/UGRuKEbBMUO63fUzyItnjtvoLXuQO+/6NfDR3exNUIxTnW4kWXc2mARxFTE6eeg7A/URFEzok8aDIImgUO/izcNhtdd0zgfF3AiZyZuZ+mXJ+sp21a+V7u1CdEF0E0h6wiamhvCtuZlsG9px+2GBLLKRC/+/QKZg==
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»