TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

04/09/19

II edición «Cinema para coidar a Terra»



Cineclube Os Papeiros organizaou en no o pasado sábado 7 de setembro, unha nova xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, a segunda edición, onde contamos coa presenza de Bocixa, membros das plataformas contra a minería de Touro, Teo…, Belén Veleiro, o Señor Lili e Pulpiño Viascon (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar campestre e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra» II.

Deseguido tedes a programación celebrada nese día:


11:00 h. Recepción con bio-almorzo.

11:30 h. Presentación da xornada.

11:45 h. Proxección do traballo audiovisual «Cinema para coidar a terra 2018» e «Marcos» de Manuel Valcárcel.

12:00 h. O audiovisual e a divulgación ambiental na rede. Proxección de traballos ambientais e de patrimonio da .

14:00 h. Xantar campestre

15:00 h. Café debate, o cinema como plataforma de acción ambientalista. Moderado por Bocixa con membros das plataformas de loita contra a contaminación (Touro, Teo…)

16:00 h. Actuación musical da Musicleta co Señor Lili e Pulpiño Viascon

17:00 h. Proxección e debate «Estruturas, Pel contra Pel» de Paco Gallego e Xosé Bocixa

18:30 h. Roteiro ambientalista e de gravación audiovisual até o Carballo Grande de Pousada —500 anos— (2 km. ida e volta)

20:00 h. Despedida coa proxección de «Miñoca» de Iago de Santa e estrea da curtametraxe rodada en Belesar «A Pescadora» de Edu Lavandeira



Actividades Infantís (para nenas e nenos, grandes e pequenos)
  • Obradoiro de stop-motión con material de refugallo, recortes… a cargo de Belén Veleiro
  • Banda sonora forestal con elementos da natureza
  • Proxección en super-8 no horreo de documentais de animación de Felix Rodriguez de la Fuente
  • Proxeccions «Árbores no Bandullo» coa Cinecleta
Podedes obter máis información no seguinte formulario ou inscribirte no enderezo de carballoconbotas[@]hotmail.com ou ben, no teléfono/WhatsApp [+34] 648 075 831.
 

Cartaz «Cinema para coidar a terra»
Debuxo: Servando Barreiro

 

A xornada contou coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»


Podedes ollar o álbum de fotos da xornada anterior e se o desexades, engadir as túas desta nova quenda. Lembra que utilizamos a licenza (cc) Creative Commons BY–NC–SA
 

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»

Con tecnoloxía de Blogger.