TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

01/09/13

Relatorio sobre a situación do cine comercial en Galicia (2007-2012)

Luz Vermella no cinema

Evolución e comportamento dos cines en Galicia (período 2007—2012)

Data do relatorio: Agosto 2013
Universo: Galicia

Extracto: Estudo sobre como evolucionou a asistencia de espectadores, recadación, e número de salas no período que abranque do 2007—2012


Galicia perdeu 349.891 espectadores desde que comezou a crise.


Se consideramos o punto de partida da crise, no ano 2008, o comportamento da asistencia ao cine, desde o ano 2007—2012, é moi desigual.

Hai unha tendenza xeral de perda de espectadores, agás no ano 2009, coa estrea de «» (do mesmo xeito, sucedeu co filme de J. A. Bayona «» (O Imposible) no 2012, que maquillou unha catástrofe de non ser pola citada fita).


A única provincia que se mantén actualmente, e que ten apenas un saldo positivo é (sorpresivamente) Ourense, que é a que menos salas de cine ten. Conflúen ademais os cineclubes máis activos e de máis alta participación de espectadores, sendo ademais o , con 8.000 espectadores, un dos cineclubes con mais asistencia de todo o estado español.


Pola contra, a provincia que máis espectadores perdeu é Pontevedra, con 189.453 espectadores menos, desde o ano 2007; (a variación no resto das provincias é,  - 141.842,  - 18.596, e  + 123).


Porén a pesar dos valores negativos de asistencia, o incremento de recadación foi notable, debido sobre todo, a que o prezo das entradas subíu por encima do propio IPC. Nese aspecto chama a atención a provincia de Pontevedra, que no ano 2010 con menos espectadores que o ano anterior, recada moito máis (8.915.267,00 €)


A provincia con máis recadación é A Coruña, ao contar con máis salas, pero se calculamos o volume de espectadores, coa disponibilidade de salas, o ratio de asistencia ou competitividade das salas —no último ano— correspóndelle o liderazgo á provincia de Ourense, con 22.819 espectadores por cada sala. Síguelle Pontevedra con 21.268 espectadores, 19.522 en A Coruña, e pecha Lugo, con 15.298 espectadores.


Neste período, a provincia que máis incrementou o número de salas é A Coruña, e pola contra a que máis perdeu é Pontevedra.


Por iso, non necesariamente a pesar das reiteracións simplistas, o problema do cine non é soamente a piratería, nen a suba espectacular do IVE (que aínda que contribúen), cremos que ten máis relación no descenso, os continuos incrementos no prezo das entradas nun periodo de forte recesión económica e laboral.



Tampouco existe unha distribución do cine noutros formatos (agás nas grandes cidades coas infraestruturas de fibra estendidas, ou nos grandes centros comerciais, e só produtos ), a labor das filmotecas sigue moi centralizada, e o apoio aos cineclubes —aínda que moi escaso— non permite chegar ás periferias rurais, para así espallar ou manter unha costume pola sétima arte. Neste panorama, hai que engadir un aínda máis ruín; a desaparición dos pequenos cines familiares e de barrio, que albiscan unha grella aínda máis pobre e sen competitividade.


Ao factor económico, pódense engadir varios matices subxectivos; pouca variedade ou calidade na grella cinematográfica, público obxectivo (target) dos , únicamente enfocado a públicos non formados e de consumo sinxelo, e pouco respecto á producción propia e alonxada das grandes produccións, que son ignoradas polos medios de comunicación xeral e incluso local (é lamentablemente que moitos medios, non informan da programación cultural, nin manteñen unha axenda do día da súa bisbarra).


Neste último aspecto, é salientable a labor que os medios de comunicación poden facer polo cinema, como foco non só indiustrial, senón tamén cultural e educativo. Porén, é habitualmente ninguneada e sistemáticamente oscurecida a programación que mesmo realizan os cineclubes a nivel local. As seccións culturais desapareceron, ou non existen para as actividades locais, para ocupar ese espazo preeminente, o deporte e as novas sociais sobre a vida de determinados personaxes, que son fabricadas por axencias de prensa.



Evolución no período 2007—2012 dos datos estadísticos dos cines por provincia
Datos polo miúdo



provincia de A Coruña
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 1.815.631 93 11.879.804,29 €  6'5 € 
2011 1.787.499 85 11.788.923,71 €  6'6 € 
2010 1.794.507 73 12.021.372,07 €  6'7 € 
2009 2.003.592 74 12.167.209,65 €  6'1 € 
2008 1.880.593 66 10.516.035,25 €  5'6 € 
2007 1.957.473 72 10.399.163,90 €  5'3 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en A Coruña: 17% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en A Coruña: 18'4%



provincia de Lugo
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 351.859 23 2.124.866,54 €  6 € 
2011 357.045 23 2.086.671,20 €  5'8 € 
2010 343.639 23 2.011.920,80 €  5'8 € 
2009 386.645 24 2.135.853,80 €  5'5 € 
2008 355.965 24 1.835.659,30 €  5'1 € 
2007 370.455 25 1.888.218,80 €  5'1 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en Lugo: 16'9% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Lugo: 15%



provincia de Ourense
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 273.827 12 1.891.096,55 €  7 € 
2011 268.778 12 1.791.414,30 €  6'6 € 
2010 265.255 13 1.691.532,90 €  6'3 € 
2009 285.310 12 1.701.864,00 €  5'9 € 
2008 263.039 12 1.521.181,90 €  5'7 € 
2007 273.704 16 1.569.643,50 €  5'7 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en Ourense: 15'9% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Ourense: 18'5%

A provincia que menos salas de cine posúe, destaca por un comportamento moi estable, e incluso cunha lixeira subida. Aínda que non estan tabulados datos do ano 2013, e non constan na grella oficial estatística do ICAA, o 5 primeiros meses do cineclube «», subíu a asistencia nun 30% máis con respecto ao mesmo periodo anterior.



provincia de Pontevedra
 Ano   Espectadores   Salas   Recadación   Prezo *
2012 1.318.646 62 8.840.795,92 €  6'7 € 
2011 1.298.712 62 8.691.167,43 €  6'7 € 
2010 1.301.423 64 8.915.267,00 €  6'8 € 
2009 1.488.812 65 9.156.349,45 €  6'1 € 
2008 1.424.027 68 8.165.490,70 €  5'7 € 
2007 1.508.099 73 8.427.388,31 €  5'6 € 

* Na cidade, o prezo é de 1 euro máis aproximadamente.
Variación global do IPC (2007—2012) en Pontevedra: 16'3% (España: 16'4%)
Variación do prezo das entradas en Pontevedra: 16'4%

No ano 2013, a cidade de Pontevedra, perdeu os seus únicos cines, mantidos polo , do que falaremos nun apartado especial. A asistencia aos citados cines, no ano anterior rondaba tan só os 104.000 espectadores



Fontes:
Memoria de datos de asistencia e recadación (Ministerio de Cultura)
Evolución IPC (Instituto Nacional de Estatística)
Evolución prezos e Datos cineclubes (Cineclubes de Galicia)


4 comentarios:

Anónimo dixo...

Bós días.
Eu non estou moi dacordo co voso argumento de que "ten máis relación no descenso, os continuos incrementos no prezo das entradas nun periodo de forte recesión económica e laboral.", e vouvos poñer un exemplo:
No que vai de ano teño ido ao cine 15 veces; pois ben, desas 15 veces tan só en dúas ocasións tiven que pagar máis de 5 euros pola miña entrada.
A cadea á que pertencen os cines ós que vou(non direi o nome para non facer publicidade) oferta precios especiais os xoves (4,70€) e os domingos pola mañá (4,50€), ademáis de poder ver pelis recentes pero xa retiradas de carteleira por 3,60€. Sen embargo, aínda con estas condicións, as salas están, como moito,cando se trata dunha peli hipercomercial e hiperpromocionada tipo "Guerra Mundial Z", ao 50% da súa capacidade. ¿A onde quero chegar con isto?:
1. Ir ó cine non tén por qué ser caro.
2. Simplista ou non, na miña opinión, a piratería ten bastante máis influencia que o prezo da entrada (e non teño o menor reparo en dicir que me descargo moitíiiisimas series, pero nunca unha película que estea en cartelera, porque se esa peli me interesa, vou vela en pantalla xigante e con volume brutal, e non no meu portátil nunha copia cutre grabada dentro dun cine, vendo as cabezas dos da fila de diante e cun sonido que fai eco.

Evidentemente non se trata de ir ó cine todos os días, pero ir unha/dúas veces ao mes, que sería gastarse 14-16€, non me parece un gran sacrificio económico (OLLO!! exceptúo no meu argumento o caso no que os pais levan ó cine ós seus, digamos, 2-3 fillos, que aí sí que falamos dun pastón, eu falo de parellas, grupos de amigos, etc...en definitiva, xente que paga só a súa entrada).
Caras están as entradas para ir ó fútbol, e os estadios están cheos, así que menos excusas e máis ir ó cine.
Está claro que amo o cine, ¿non?
Un saúdo.

Mondoxíbaro dixo...

Alédome que ao "Anónimo" lle vaiva ben na súa localidade, porén na miña bisbarra non é así, polo que se imos as situacións particulares de cada un, pois apaga e imonós!... Acaso vostede tivo sorte e non foi presa pola reforma laboral, non lle foi conxelado o soldo ou baixado (coma min), despedido/a...etc Sorte que ten non ser uns dos milleiros de galegos (un 22% mais) que fai 3 anos, que están na cola do paro...
En fin, cando vaia a vindeira vez ao cine, escolla un pobre e invíteo, que menos!

Manuelpbarbeito dixo...

Anónimo; As ofertas das que falas, son de agora; o informe vai desde 2007, e ata fai pouco ese tipo de cousas non existía. (Pensa tamén, que o informe, non é sobre o teu barrio...) Ademáis, os resultados do ano 2013, son peores...polo que a reacción ten moito que ver co que se apunta no informe.

A piratería, (que non é suprimida no artigo) non é variable, e en todo caso coas grandes estreas como "Avatar" ou "lo imposible", aumentan os espectadores e non disminúen por culpa da piratería (a pesar que eses títulos encabezarían o número de descargas)

Feciga dixo...

Nota: Debido ao troco de comentarios fornecido por Google+, é posible non ollar os comentarios feitos con aterioridade polo anterior sistema, polo que reproducimos de seguido os comentarios suscitados...

02/09/13 13:12 *Anónimo* dixo...

Bós días.
Eu non estou moi dacordo co voso argumento de que "ten máis relación no descenso, os continuos incrementos no prezo das entradas nun periodo de forte recesión económica e laboral.", e vouvos poñer un exemplo:
No que vai de ano teño ido ao cine 15 veces; pois ben, desas 15 veces tan só en dúas ocasións tiven que pagar máis de 5 euros pola miña entrada.
A cadea á que pertencen os cines ós que vou(non direi o nome para non facer publicidade) oferta precios especiais os xoves (4,70€) e os domingos pola mañá (4,50€), ademáis de poder ver pelis recentes pero xa retiradas de carteleira por 3,60€. Sen embargo, aínda con estas condicións, as salas están, como moito,cando se trata dunha peli hipercomercial e hiperpromocionada tipo "Guerra Mundial Z", ao 50% da súa capacidade. ¿A onde quero chegar con isto?:
1. Ir ó cine non tén por qué ser caro.
2. Simplista ou non, na miña opinión, a piratería ten bastante máis influencia que o prezo da entrada (e non teño o menor reparo en dicir que me descargo moitíiiisimas series, pero nunca unha película que estea en cartelera, porque se esa peli me interesa, vou vela en pantalla xigante e con volume brutal, e non no meu portátil nunha copia cutre grabada dentro dun cine, vendo as cabezas dos da fila de diante e cun sonido que fai eco.

Evidentemente non se trata de ir ó cine todos os días, pero ir unha/dúas veces ao mes, que sería gastarse 14-16€, non me parece un gran sacrificio económico (OLLO!! exceptúo no meu argumento o caso no que os pais levan ó cine ós seus, digamos, 2-3 fillos, que aí sí que falamos dun pastón, eu falo de parellas, grupos de amigos, etc...en definitiva, xente que paga só a súa entrada).
Caras están as entradas para ir ó fútbol, e os estadios están cheos, así que menos excusas e máis ir ó cine.
Está claro que amo o cine, ¿non?
Un saúdo.

03/09/13 01:33 *Mondoxíbaro* dixo...

Alédome que ao "Anónimo" lle vaiva ben na súa localidade, porén na miña bisbarra non é así, polo que se imos as situacións particulares de cada un, pois apaga e imonós!... Acaso vostede tivo sorte e non foi presa pola reforma laboral, non lle foi conxelado o soldo ou baixado (coma min), despedido/a...etc Sorte que ten non ser uns dos milleiros de galegos (un 22% mais) que fai 3 anos, que están na cola do paro...
En fin, cando vaia a vindeira vez ao cine, escolla un pobre e invíteo, que menos!

03/09/13 10:58 *+Manel P Barbeito* dixo...

*Anónimo* As ofertas das que falas, son de agora; o informe vai desde 2007, e ata fai pouco ese tipo de cousas non existía. (Pensa tamén, que o informe, non é sobre o teu barrio...) Ademáis, os resultados do ano 2013, son peores...polo que a reacción ten moito que ver co que se apunta no informe.

A piratería, (que non é suprimida no artigo) non é variable, e en todo caso coas grandes estreas como "Avatar" ou "lo imposible", aumentan os espectadores e non disminúen por culpa da piratería (a pesar que eses títulos encabezarían o número de descargas)


Engadir que á "vella publicación" foi remozada, engadindo gráficas e dividida en dúas partes, o relatorio sobre Galicia e Ourense en particular.

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»

Con tecnoloxía de Blogger.