TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

04/12/16

Enquisa sobre o traballo dos cineclubes


Mediante a técnica da enquisa, nos permiten aos cineclubes de Galicia coñecer a opinión dos nosos espectadores/as, socios/as e cidadáns do traballo que estamos a desenvolver.

A principal vantaxe da enquisa fronte a outras técnicas é a súa versatilidade ou capacidade para recoller datos sobre unha ampla gama de necesidades de información. Con todo, tamén presenta certas limitacións ou inconvenientes como son:

  • A posible renuncia do/a enquisado/a a fornecer a información que se desexa obter.
  • O/A enquisado/a pode ser incapaz de achegar a información requirida por múltiples motivos (que non lembre feitos, non os coñeza, non distinga entre diferentes situacións, etc.)
  • O propio proceso de indagación pode influír nas respostas do enquisado por cansazo no interrogatorio cando a enquisa é excesivamente longa, por dar respostas socialmente aceptadas, etc.

Para tratar de reducir estas limitacións ou inconvenientes, deseñamos unha (nesta primeira fase) moi sinxela, controlando a información con respostas tipo, porén precisamos recoller un gran universo de persoas para tratar de reducir o marxe de erro e axustarnos de xeito fiable ao voso modo de pensar, como nos percibides e para mellorar naquelas cousas que non o estamos a facer ben.

Non só os pedimos información sobre o noso traballo, tamén que avaliedes os filmes proxectados nos cineclubes da túa bisbarra, os que acadaches ver, para elo, na da «Feciga» podes atopar cos cineclubes asociados, que ao premer na ligazón correspondente, reflicte os filmes programados ao longo deste ano que remata. O siloxismo de coñecer como desenvolvemos o noso traballo e a avaliación dos filmes programados danos a inferencia necesaria para acadar a excelencia diante de expectadores/as esixentes coma a ti. Moitas grazas polo voso apoio e polo voso tempo.



Ligazóns relacionados:



16/05/16

Relatorio de asistencia e recadación na proxección solidaria


Do 10 ao 15 de maio de 2016 proxectouse en seis (dos 14) cineclubes adheridos á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» (principalmente das provincias de Ourense e Pontevedra), o filme «» () de e , unha —grazas a colaboración de Paco Poch Cinema— co obxectivo de recadar fondos, e destínalos ás organizacións Médicos sen Fronteiras MSF e o Comité Español do ACNUR, apoiando (co noso pequeno gran de area) o traballo que desenvolven a favor dos refuxiados.

O importe da doazón estableceuse en SEIS EUROS para todos os asistentes ás proxeccións nos cineclubes participantes, con todo houbo aportacións que superaban dita cantidade e esta foi ingresada na fila CERO destinada ao efecto.

De seguido, reflíctese a asistencia e recadación obtida ordenada por localidade:


Asistencia e recadación por localidade
Localidade cineclube asistencia recadación
  •    Total   
  • 184 persoas
  •     1.104 €    
Barco, O (Ourense) Groucho Marx 5 30
Cangas (Pontevedra) Cangas 40 240
Carballiño, O (Ourense) Carballiño 16 96
Ourense (Ourense) Padre Feijoo 53 318
Vigo (Pontevedra) Lumière 4 24
Vilagarcía (Pontevedra) Ádega 66 396

Consonte ao noso compromiso, amosamos xustificantes das transferencias enviadas cara as organizacións Médicos Sen Fronteiras (MSF) e o Comité Español do ACNUR.


xustificante transferencia MSF

xustificante transferencia ACNUR
Xustificantes das transferencias efectuadas cara MSF e ACNUR

Agradecer moitísimo ás persoas que se achegaron a nosa primeira proxección solidaria, aos cineclubes participantes polo seu esforzo e traballo desinteresado, de sempre porén especialmente nesta ocasión, e aos que non puideron asistir, teñen a súa disposición as páxinas de ditas organizacións, para colaborar economicamente na medida das súas posibilidades; de novo moitísimas grazas!.

04/05/16

Proxección solidaria


A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» organiza, xunto cos cineclubes , , , , e , a proxección solidaria do filme «Ma'a al-Fidda» (Silvered Water, Syria Self Portrait) de e , co obxectivo de recadar fondos e destinalos integramente ás organizacións Médicos sen Fronteiras MSF e o Comité Español do ACNUR, na campaña que desenvolven a favor dos Refuxiados de .

Dita proxección é posible, grazas á colaboración de Paco Poch Cinema.


Sobre o filme a crítica dixo:
Proposta inusual e emocionalmente devastadora (…) documental sobrecolledor, á marxe das normas fílmicas
 (Lluís Bonet Mojica, La Vanguardia)
«Syria Self-Portrait» …queda para a posteridade como unha auténtica obra mestra que antepón a arte, como última esperanza, ás sanguentas derivas do ser humano
 (Philipp Engel, Fotogramas)
Un documental necesario e a miúdo difícil de soportar que dá testemuño dos horrores da guerra civil
 (Jay Weissberg, Variety)


As datas e cineclubes participantes da «Feciga» son:

(por data)



(orde alfabético dos cineclubes)


A cota de acceso por sesión é a mesma para todos os cineclubes, 6 euros, que che lembramos destínase na súa totalidade para a campaña dos Refuxiados desenvolta por ‪MSF e ‪ACNUR, soportando os custes a «Feciga» e cineclubes participantes.
Ao rematar todas as proxeccións, publicarase neste mesmo blogue, o resultado da recadación e asistencia, asemade dos xustificantes de envío ás organizacións destinatarias.


Senón podes asistir, podes facer unha doazón en liña, nos seguintes sitios web:
Iniciativas Solidarias de MSFDoazón a ACNUR


Sobre as organizacións destinatarias da nosa acción solidaria…

Médicos sen Fronteiras ao non poder establecer estruturas sanitarias estables dentro de Siria, debido á extrema violencia empregada contra os seus centros despregados e traballadores, apoia aos médicos sirios de xeito clandestino, en calquera dos sectores en conflito, con estruturas improvisadas e fornecendo asistencia técnica, material e de menciñas.
ACNUR fornece refuxio, axuda e asistencia nos países veciños á zoa en conflito, asistencia de emerxencia (económica para menciñas) e alimentos.
Desgraciadamente o conflito, lonxe de solucionarse despois de seis anos, precisa máis que nunca das organizacións humanitarias e elas, do teu/noso xeneroso apoio.


Agardámosvos a todos e todas nos cineclubes, e senón podes vir, colabora na medida das túas posibilidades, ben economicante ou axundando a espallar esta inciativa; infinitas grazas pola túa colaboración e/ou asistencia.


Silvered Water, Syria Self Portrait



Titulo orixinal:
Ma'a al-Fidda (Eau argentèe, Syrie autoportrait)

Lingua: Árabe e Francés · VOSE

Ano:

País:

Duración: 93  min.

Director: e

Guión: Wiam Bedirxan e Ossama Mohammed

Música:

Fotografía: Wiam Bedirxan e Ossama Mohammed

Reparto:

Produtoras:
ARTE / Les Films D’ici / Proaction film

Xénero:

Calificación: Film Affinity (7/10)



Sinopse: En Siria, os rapaces filman e morren todos os días. Namentras que outros matan e filman, en París, o director sirio só pode filmar ao ceo e editar as imaxes de «You Tube». Da tensión que provoca a distancia do seu país e do encontro cunha nova cineasta kurda, , coa que parola, xurde a pregunta «Se estiveses en Homs ca túa cámara, que filmarías?». O filme conta a historia dese encontro.




Folla de sala: Silvered Water, Syria Self Portrait [.pdf • 288 kB]





Video: You Tube [. mp4 • 13 Mb]


Querería estar segura de que só estamos a celebrar o éxito da creación e a beleza. Mais non consigo quitar da cabeza o sentimento de que o que está a ser aplaudido é a nosa morte

Wiam Siam Bedirxan (Libération)




16/02/16

«Primeirolhar» 2016



Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de e Galicia, outorgan un premio de 1.000  , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar entre o 1015 de maio de 2016, dentro dos «XVI Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cine, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.

O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia, Portugal, Brasil e países lusófonos. O prazo esta aberto até o 31 de marzo de 2016.

A duración máxima do traballo fílmico debe ser inferior a 30 minutos, e pódese participar con cantos traballos desexen.

Máis información e ficha de inscrición en http://ao-norte.com/encontros/2016/primeirolhar.php


Cartaz «PrimeirOlhar 2016»
Con tecnoloxía de Blogger.