TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

13/06/18

Resultados da primeira enquisa nos cineclubes de Galicia


A primeira conclusión ao sondaxe efectuado pola Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é que o público avalía cun notable a súa programación e nun 80% prefiren os filmes en versión orixinal subtitulada (VOS).

A nosa intención, con esta enquisa, era obter unha primeira aproximación ou percepción que ten o público, sobre o traballo que desenvolven os cineclubes. Así, sobre a base dunha vintena de cuestións e por medio dun formulario web, preguntábase aos/ás asistentes que desexaron participar, preguntas sobre a preferencia por datas e horarios, que estimaban mellor para as sesións dos cineclubes aos que asisten, a avaliación da súa programación, instalacións, coñecemento do sitio web e onde obteñen principalmente a información da programación, que lles motiva para a súa asistencia, se desexan participar nalgún foro, proxección de curtas, filmes en versión orixinal subtitulada (castelán ou galego), orixinal ou dobradas… e se estiman que estas debesen ser de balde ou con algunha cota de acceso.

O traballo de campo desenvolveuse durante algo máis dun ano e participou de xeito totalmente voluntario o público dunha ducia de cineclubes (dos 19 que compoñen a «Feciga»). Os/as socios/as e seareiros/as do cineclube ourensán e do lugués participaron activamente (e por conseguinte a marxe de erro da enquisa é menor); por contra a participación do cineclube na comarca do Deza foi minoritaria.

Por destacar algunhas das cuestións expostas, no caso da asistencia, a gran maioría dos que asisten ás sesións (73%) son socios ou socias, de xénero maioritario feminino (62%), un 57% asisten a todas as sesións (a media de sesións celebradas é de 4 ao mes) e destes aínda hai quen asistiría a máis (18%), sobre un 43% que o fan á metade delas. Inflúe sobre a súa asistencia ás sesións, a sipnose ou a dirección do filme (59% e 49% respectivamente) e o desmotiva, a data (47%) e a duración (30%). 

Sobre as proxeccións, os filmes en versión orixinal subtitulada (VOS) teñen o apoio maioritario, un 54% prefíreas en castelán e un 35% en galego.

 

Tabla resultados asistencia

Tabla resultados cota

Tabla resultados versión orixinal subtitulada

Tabla resultados avaliación

Tabla resultados por cineclube



Ligazón relacionada:

Presentación dos resultados    [.pdf • 170 MB]

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»

Con tecnoloxía de Blogger.