Mentras a naturaleza fílmica nos convoca aos desastres, nun tenso e fermoso tránsito; a Administración con competenza en Galicia, nos resolve —pola fórmula do convenio— das necesidades e paixóns agochadas, por fenómenos «diplomáticos», tralo pasado encontro de cineclubes en Ourense.
Mentras, camiñaron con nós desalentos infructuosos, descubrimos amigos/as, cineclubes, e momentos máxicos, que algún día subiremos a este blogue.
Quedou para sempre a poesía de Lois Pereiro, o humor e a sabeduría de Julio, Fátima, Jorge…, encanto de Galicia, Portugal e Catalunya, e sobre todo alento dos espectadores que día a día enchen —en maior o menor medida— as salas dos cineclubes.
As conclusións dos encontros, encargáronnos establecer unha rede alternativa, da que poñemos a disposión 2, dos tres títulos achegados. («Mercado de Futuros» e «O poema o cadro o disco»)
Foto do cartaz de «Mercado de Futuros» Alberto Rodríguez © 2011. A dereita, imaxe de «El Poema El Cuadro El Disco» Fotografía: Pier Alonso
Agardamos, entrar na normalidade, a pesar das nubes, e seguir fortalecendo espazos de proxección en Galicia.






