TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo…

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid
Amosando publicacións coa etiqueta aniversario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aniversario. Amosar todas as publicacións

14/09/20



Fai 50 anos que o cineclube Padre Feijoo fundouse en Ourense, en setembro de 1970 na , da que recolleu o seu nome.

Para dita ocasión, queríamos realizar un «Encontro» festivo dos Cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén a prudencia e circunstancias actuais, aconsellan unha celebración moito máis austera do que tiñamos pensado celebrar, será o vindeiro sábado 19 de setembro (2020) e deseguido tedes a programación.

Gostaríanos contar coa presenza de todas as persoas cineclubistas, en particular do Padre Feijoo para conmerorar o seu 50 aniversario, compartindo as vosas experiencias, ilusións e os nosos retos e impericias, degoirados con aprender todos e todas das vosas e nosas vivencias.
A capacidade para as diferentes localizacións (restaurante e cinema), pola situación da Covid-19, son limitadas, polo que precisamos formalices a reserva (e acompañante/s que desexes convidar) no seguinte formulario; calquera suxestión, solicitude ou preferencia (no menú, necesidades especiais…), non dúbides en facelo constar no campo das observacións.



Programa «Encontro de cineclubes» (1970–2020: 50 anos do CCPF)



venres 18 de setembro


21:00 h.  Proxección do primeiro filme (que coñezamos) que proxectou o cineclube Padre Feijoo

«Nueve Cartas a Berta» (Nove Cartas a Berta) de (España, 1966) · VO / castelán

Fotograma: Nueve Cartas a Berta
O primeiro filme do director castelán únese ao chamado «novo cinema español», un movemento renovador que ao final non tivo a merecida continuidade. A fita comeza cos versos do poeta Antonio Machado: «Esta é a historia dun español que quere vivir e comezar a vivir».
Acadou a Cuncha de Prata no Festival Internacional de Cinema en Donostia.

Fotografía: Luis Enrique Torán
Guión: Basilio Martín Patino
Música: Carmelo A. Bernaola & Gerardo Gombau

Reparto: Emilio Gutiérrez Caba, Montserrat Blanch, Mary Carrillo, Antonio Casas, José María Casaux, Manuel Domínguez Luna, María Elena Flores, Rosa Fúster…

Premios: Festival de San Sebastián: Cuncha de prata á mellor ópera prima (1966)

Sipnose: Anos cincuenta. Lorenzo é un estudante salmantino que acaba de pasar un verán en Inglaterra, onde descubriu outras formas de vida e outros horizontes, ademais de coñecer a Berta, filla dun exiliado, pola que sente atraído. Ao seu regreso, o ambiente tradicional da súa familia, os seus amigos e a súa noiva resúltanlle atafegantes. Agudízanse as súas inquietudes en cartas dirixidas a esa Berta que quedou no estranxeiro


Evento de balde e limitado no aforo (capacidade máxima: 40 persoas). RESERVA A TÚA BUTACA




sábado 19 de setembro


11:30 h.  Presentación das actividades relativas ao 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


12:00 h.  Homenaxe aos cineclubistas e amigos/as do CCPF 

No salón de actos da , rúa Concello 11 (Ourense); evento de carácter aberto, con prioridade e limitación no aforo, polo orde de acceso sería xornalistas, convidados/as e público en xeral e con capacidade máxima de 40 persoas.


14:00 h.  Xantar de confraternidade 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter restrinxido, para convidados/as con reserva previa e limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


16:00 h.  Tertulia café «Historias de Cinema na Auria» 

No , rúa Valentín Lamas Carvajal 5 (Ourense); evento de carácter aberto, con limitación no aforo, seguindo as pautas sanitarias marcadas polas autoridades por mor da Covid–19.


18:00 h.  Despedida. Non pechamos a luz! Proxección do CCPF 

«Talking About Trees» de Suhaib Gasmelbari (Francia-Sudán-Chad 2019) · VOSPt / francés

Fotograma: Talking About Trees
Coa colaboración do Institute Français. O filme segue os esforzos do «Sudanese Film Club», representado polos cineastas xubilados Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi por reabrir un cinema ao aire libre na cidade de Omdurman ante décadas de censura islamista e burocracia ineficiente.

Fotografía: Suhaib Gasmelbari
Guión: Suhaib Gasmelbari
Xénero: documental

Reparto: Ibrahim Shadad, Manar Al Hilo, Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi

Premios: Berlinale: Premio do documental orixinal e premio do público (2019)

Sipnose: Catro homes falan á luz das candeas, xa que a compañía eléctrica nacional cortou a subministración na zona, nunha especie de rexeitamento metafórico do propio cinema, as imaxes saltan por un estudo de radio. Ibrahim di que o cinema é un heroe «que pode morrer por morte natural ou ser asasinado por un traidor». A polémica aínda rodea o réxime ditatorial islamista, mentres que a paixón pola industria do cinema segue a ser forte. Viaxando nunha antiga e enferruxada caravana, os catro amigos chegan á praza dunha cidade e estenden un pano sobre a muralla dun edificio. Logo, homes, mulleres e nenos veñen; sen patrocinadores nin publicidade, sen discursos nin ministros de goberno, só contan coa autorización do dono deste improvisado anfiteatro (chamado Revolution Cinema) para restauralo.




ATENCIÓN: Todos os eventos están ao abeiro da evolución e pautas sanitarias marcadas pola administración pola Covid–19, polo que dita programación pode verse afectada.
Consulta o protocolo de seguridade do cineclube Padre Feijoo.


Ligazón relacionada:
Páxina do cineclube Padre Feijoo: 50 anos, 50 filmes




21/06/14



Trinta anos cúmprense no mes de xullo do 2014, da posta en marcha (en ) da Federación dos Cineclubes de Galicia «Feciga» e grazas á tenacidade de Sexismundo Bobillo Morgade, Ana Fernández, Miguel Anxo Fernández, Luis Rodríguez Taus, X. M. Rodríguez, Anxo Santomil e Marcos Valcárcel López, que por aquela época formaban parte dalgunho dos cineclubes que confluían na Federación en Galicia… (Adega, Barbanza, Cangas, Carballiño, Carballo, Os Chaos, Galiñeiro, «Groucho Marx», «Padre Feijoo», Pontevedra, Toma 3 e «Valle-Inclán»).
Temos moito que festexar e agradecer, sabemos que queda moito traballo por desenvolver, somos conscientes das tarefas que quedan por diante, da súa urxencia e importancia; así que celebrémolo hoxe e, mañán voltaremos ao noso traballo vital, de axudar a crear un mundo crítico co feito audiovisual.




Vídeo: You Tube [. mp4 · 2'3 MB]

Establecendo certa semellanza ca época de «Modern Times» (Tempos Modernos) de Charles Chaplin, nun tempo difícil como o contexto da crise actual, a pesares de todos os atrancos cumprimos trinta anos e vós trasladamos visualmente en imaxes esa analoxía, con este conmemorativo destos 30 anos; sírvete de espállalo por onde consideres convinte, agora é voso!



Tamén temos un bonito cartaz (deseño de Iñaki Nóvoa) para o «Encontro de cineclubes» e inauguración do «cinema Palleiriso» que imos celebrar o sábado 28 de xuño de 2014 en Chantada, por si queres imprímilo e colocalo en espazos públicos (autorizados); espállalo!.

Descargar cartaz  [.jpg • 7'3 MB]


Encontro de cineclubes

Para conmemorar o trinta aniversario, faremos un encontro de cineclubes en Chantada, o sábado 28 de xuño de 2014.


Con dita xuntanza, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» aposta por dar un pulo ao cineclubismo rural; deste xeito non dúbidamos en axudar ao cineclube Papeiros e súa aposta polo «cinema Palleiriso», unha antigua palleira situada moi preto de Chantada, en Garabelos (parroquia de San Martiño de Mariz), reconvertida en sala de proxeccións.

De seguido, amosámosche o programa de actos previsto…
 

10:30 h. Recepción de participantes e cineclubes.

11:00 h. Campo de traballo no cinema Palleiriso.

14:00 h. Sesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz), agardando contar co acompañamento dos presentes, para cantar e tocar temas tradicionais ao máis puro estilo festivo-tabernario.
Cristina é habitual dos Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco
.

14:40 h. Xantar de leira.

16:15 h. Coloquio—debate sobre o cinema no rural.

18:30 h. Inauguración do «cinema Palleiriso» con música e cinema.
Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme)
.

21:00 h. Remate da xuntanza.





Con tecnoloxía de Blogger.