A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual
A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…
Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de Portugal e Galicia, outorgan un premio de 1.000 € , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar o 11 de maio de 2013, dentro dos «XIII Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste encontro de cineclubes de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cine, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.
O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia e Portugal. O prazo esta aberto ata o 5 de abril de 2013.
A duración máxima do documental, é de 30 minutos, e pódese participar en cantos traballos se desexen.
Os cineclubes de Galicia, no seu conxunto, desenvolveron unha intensa actividade durante o pasado ano (periodo outubro 2011—2012).
Aparte dos incrementos de filmes proxectadores, 15 máis que o periodo anterior, sigue a destacar a varidade filmográficas dos países (+5) (en contraposición á programación dos multiplex de xeito case monográfico)
Destaca a provincia de Ourense, por canto coincide que, o cineclube que máis actividades propias realizou durante este periodo (2011—2012) foi o cineclube Carballiño con 111 produccións entre curtas e longametraxes, enchendo ademáis de cine, unha localidade carente de oferta privada.
Ademáis, o cineclube que destaca por enriba incluso dos cineclubes de Galicia, é o cineclube «Padre Feijoo» de Ourense, con 8.222 espectadores (222 espectadores de media por filme). Siguen en número de espectadores o cineclube «Groucho Marx» do Barco de Valdeorrras e Carballiño (O Carballiño, Ourense).
O Ministerio de Cultura, calcula unha media de 35 persoas por día, e o CGAI, recoñece (2009) 37 espectadores de media por sesión.
As produccións máis exhibidas pola rede dos cineclubes de Galicia, foron dous filmes finlandeses «Sokkotanssi» (O baile a cegas) e «Eila», (froito dun acordo de colaboración co Instituto Iberoamericano de Finlandia) e a excelente cinta iraniana «Jodaeiye Nader az Simin» (Nader e Simin, Unha Separación).
O producción galega «Arrugas» sitúase en segunda posición, destacando este ano o volume de coproduccións españolas e francesas.
O nivel de financiamento dos cineclubes, atópase estable con relación á mesma cantidade —establecido en 24 mil euros— pactada coa Axencia Galega de Industriais Culturais (Agadic), e reducíuse considerablemente polos concellos, ocasionando compromisos municipais "ficticios" nas programacións, sen que se artelle unha estabilización orzamentaria.
Calcúlase un volume de negocio, que beneficia ás distribuidoras, produtoras, transportes, salas e publicidade, en cento un mil catrocentos euros (101.400 €)
Este ano ademáis, xunto co cineclube «Valle-Inclán», organizouse un «Encontro de Cineclubes», no que participaron cineclubes de Galicia, Portugal e Castela León. (Lamentablemente de Euskadi non puido vir ninguén)
O encontro servíu para presentar 2 traballos documentais, que daran que falar no ano 2013; «Entreparadas» de Toño Chouza, e «A Última Viaxe do Afiador» de Aitor Rei, así como para presentar o proxecto de distribución, co Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que agardamos ultimar e concretar a primeiros do ano 2013.
Por último, só nos queda, desexar que o ano que ven, o bo cinema quente os desanxeados augurios…
Ensaio cinematográfico en defensa dos dereitos morais dos cineastas fronte ás manipulacións que sofren os filmes desde os orixes do cinema ata hoxe. O documental ten a súa continuación en «Cineastas en Acción» (2005)
Fotografía: Xavier Camí & Tomás Pladevall
Reparto: Marta Belmonte, Arthur Penn, Liv Ullmann, Richard Fleischer, Stanley Donen, Jack Cardiff, Sydney Pollack, Woody Allen, Milos Forman
Premios: Goya mellor documental (2005)
Guión: Carlos Benpar & Ferran Alberich
Música: Xavier Oró & Pep Solorzano Sipnose: Relata as alteracións acontecidas no medio audiovisual ao longo da historia, desde o troco de velocidade dos filmes mudos ata o coloreado electrónico de fitas rodados en branco e negro, unha loita que soe enfrontar o espiritu creador contra o manipulador e que, diante de todo, pretende ser un manifesto na defensa dos dereitos morais do autor cinematográfico sobre a súa obra diante das manipulacións ás que "obriga" o medio audiovisual.
19:45h.Conversacon Carlos Benpar
(director de «Cineastas Contra Magnates» e «Cineastas en Acción»)
17:00h.Proxección: «Bloedbroeders» —Blood Brothers— (Irmáns de Sangue) de Arno Dierickx
(Holanda, 2008)
Ópera prima do director, baseada en feitos reais.
Fita que procede do convenio do OUFF coa «Feciga» para a distribución de filmes do festival ourensán pola rede dos cineclubes galegos.
Guión: Bert Bouma & Jan Bernard Bussemaker
Música: Johan Hoogewijs
Reparto: Erik van Heijningen, Matthijs van de Sande Bakhuyzen, Derk Stenvers, Sander van Amsterdam Sipnose: Tres xoves agochan a seu amigo Ronnie, un criminal perseguido pola policía, no ático da inmensa vila na que viven dous dos rapaces. Ronnie se refuxia na casa sen que os pais dos rapaces nin o persoal da casa se percaten de nada. Ao principio, a situación divierte aos rapaces, ata o día en que Ronnie se convirte nunha carga e empeza a chantaxearlles. E xa non se atreven a bótalo.
Todas as actividades desenvolveranse no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, rúa San Marcos, n° 8.
Mentras a naturaleza fílmica nos convoca aos desastres, nun tenso e fermoso tránsito; a Administración con competenza en Galicia, nos resolve —pola fórmula do convenio— das necesidades e paixóns agochadas, por fenómenos «diplomáticos», tralo pasado encontro de cineclubes en Ourense.
Mentras, camiñaron con nós desalentos infructuosos, descubrimos amigos/as, cineclubes, e momentos máxicos, que algún día subiremos a este blogue.
Quedou para sempre a poesía de Lois Pereiro, o humor e a sabeduría de Julio, Fátima, Jorge…, encanto de Galicia, Portugal e Catalunya, e sobre todo alento dos espectadores que día a día enchen —en maior o menor medida— as salas dos cineclubes.