TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo…

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

16/02/16



Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de e Galicia, outorgan un premio de 1.000 € , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar entre o 10—15 de maio de 2016, dentro dos «XVI Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cine, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.

O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia, Portugal, Brasil e países lusófonos. O prazo esta aberto até o 31 de marzo de 2016.

A duración máxima do traballo fílmico debe ser inferior a 30 minutos, e pódese participar con cantos traballos desexen.

Máis información e ficha de inscrición en http://ao-norte.com/encontros/2016/primeirolhar.php


Cartaz «PrimeirOlhar 2016»

12/03/15


A Axencia Galega das Industrias Culturais «Agadic» e a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento neste ano, dun programa de ciclos e semanas de cinema, nunha ducia de localidades en Galicia, mediante o que a da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe con 24.000 euros co obxectivo de contribuir ao mantemento dunha programación estable nos cineclubes galegos, e impulsando a súa labor de difusión cultural e da produción galega en particular.


Convenio Feciga-Agadic
O director da «Agadic» Jacobo Sutil e o presidente da «Feciga» Manuel Precedo no momento de asinar dito acordo. Imaxe: Agadic


A «Feciga» agrupa a práctica totalidade dos cineclubes existentes en Galicia, botou a andar en 1984 e, desde entón, vén funcionando como xestora destas asociacións, ao tempo que presta servizos de asesoramento e organiza proxectos de difusión cinematográfica con diferentes entidades públicas e privadas. Este labor de promoción é especialmente destacado no caso do cinema galego, que se exhibe tamén en Portugal en colaboración coa Federação Portuguesa de Cineclubes.

01/12/14



Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de e Galicia, outorgan un premio de 1.000 € , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar entre o 4—10 de maio de 2015, dentro dos «XV Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cine, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.

O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia e Portugal. O prazo esta aberto até o 14 de marzo de 2015.

A duración máxima do traballo fílmico é de 30 minutos, e pódese participar con cantos traballos desexen.

Máis información e ficha de inscrición en http://www.ao-norte.com/encontros/2015/primeirolhar.php


Cartaz «PrimeirOlhar 2015»

21/06/14



Trinta anos cúmprense no mes de xullo do 2014, da posta en marcha (en ) da Federación dos Cineclubes de Galicia «Feciga» e grazas á tenacidade de Sexismundo Bobillo Morgade, Ana Fernández, Miguel Anxo Fernández, Luis Rodríguez Taus, X. M. Rodríguez, Anxo Santomil e Marcos Valcárcel López, que por aquela época formaban parte dalgunho dos cineclubes que confluían na Federación en Galicia… (Adega, Barbanza, Cangas, Carballiño, Carballo, Os Chaos, Galiñeiro, «Groucho Marx», «Padre Feijoo», Pontevedra, Toma 3 e «Valle-Inclán»).
Temos moito que festexar e agradecer, sabemos que queda moito traballo por desenvolver, somos conscientes das tarefas que quedan por diante, da súa urxencia e importancia; así que celebrémolo hoxe e, mañán voltaremos ao noso traballo vital, de axudar a crear un mundo crítico co feito audiovisual.




Vídeo: You Tube [. mp4 · 2'3 MB]

Establecendo certa semellanza ca época de «Modern Times» (Tempos Modernos) de Charles Chaplin, nun tempo difícil como o contexto da crise actual, a pesares de todos os atrancos cumprimos trinta anos e vós trasladamos visualmente en imaxes esa analoxía, con este conmemorativo destos 30 anos; sírvete de espállalo por onde consideres convinte, agora é voso!



Tamén temos un bonito cartaz (deseño de Iñaki Nóvoa) para o «Encontro de cineclubes» e inauguración do «cinema Palleiriso» que imos celebrar o sábado 28 de xuño de 2014 en Chantada, por si queres imprímilo e colocalo en espazos públicos (autorizados); espállalo!.

Descargar cartaz  [.jpg • 7'3 MB]


Encontro de cineclubes

Para conmemorar o trinta aniversario, faremos un encontro de cineclubes en Chantada, o sábado 28 de xuño de 2014.


Con dita xuntanza, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» aposta por dar un pulo ao cineclubismo rural; deste xeito non dúbidamos en axudar ao cineclube Papeiros e súa aposta polo «cinema Palleiriso», unha antigua palleira situada moi preto de Chantada, en Garabelos (parroquia de San Martiño de Mariz), reconvertida en sala de proxeccións.

De seguido, amosámosche o programa de actos previsto…
 

10:30 h. Recepción de participantes e cineclubes.

11:00 h. Campo de traballo no cinema Palleiriso.

14:00 h. Sesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz), agardando contar co acompañamento dos presentes, para cantar e tocar temas tradicionais ao máis puro estilo festivo-tabernario.
Cristina é habitual dos Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco
.

14:40 h. Xantar de leira.

16:15 h. Coloquio—debate sobre o cinema no rural.

18:30 h. Inauguración do «cinema Palleiriso» con música e cinema.
Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme)
.

21:00 h. Remate da xuntanza.





Con tecnoloxía de Blogger.