Trinta anos cúmprense no
mes de xullo do 2014, da posta en marcha (en
Vilagarcía) da
Federación dos Cineclubes de Galicia «
Feciga» e grazas á tenacidade de Sexismundo Bobillo Morgade, Ana Fernández, Miguel Anxo Fernández, Luis Rodríguez Taus,
X. M. Rodríguez, Anxo Santomil e Marcos Valcárcel López, que por aquela época formaban parte dalgunho dos cineclubes que confluían na Federación en Galicia… (
Adega, Barbanza,
Cangas,
Carballiño, Carballo, Os Chaos, Galiñeiro, «
Groucho Marx», «
Padre Feijoo»,
Pontevedra, Toma 3 e «
Valle-Inclán»).
Temos moito que festexar e agradecer, sabemos que queda moito traballo por desenvolver, somos conscientes das tarefas que quedan por diante, da súa urxencia e importancia; así que celebrémolo hoxe e, mañán voltaremos ao noso traballo vital, de axudar a crear un mundo crítico co feito audiovisual.
Establecendo certa semellanza ca época de «
Modern Times» (Tempos Modernos) de
Charles Chaplin, nun tempo difícil como o contexto da crise actual, a pesares de todos os atrancos
cumprimos trinta anos e vós trasladamos visualmente en imaxes esa analoxía, con este
vídeo conmemorativo destos 30 anos; sírvete de espállalo por onde consideres convinte, agora é voso!
Tamén temos un bonito cartaz (deseño de Iñaki Nóvoa) para o «
Encontro de cineclubes» e inauguración do «
cinema Palleiriso» que imos celebrar o
sábado 28 de xuño de 2014 en
Chantada, por si queres imprímilo e colocalo en espazos públicos (autorizados); espállalo!.
Descargar cartaz [.jpg • 7'3 MB]
Encontro de cineclubes
Para conmemorar o trinta aniversario, faremos un encontro de cineclubes en Chantada, o sábado 28 de xuño de 2014.
Con dita xuntanza, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» aposta por dar un pulo ao cineclubismo rural; deste xeito non dúbidamos en axudar ao cineclube Papeiros e súa aposta polo «cinema Palleiriso», unha antigua palleira situada moi preto de Chantada, en Garabelos (parroquia de San Martiño de Mariz), reconvertida en sala de proxeccións.
De seguido, amosámosche o programa de actos previsto…
10:30 h. Recepción de participantes e cineclubes.
11:00 h. Campo de traballo no cinema Palleiriso.
14:00 h. Sesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz), agardando contar co acompañamento dos presentes, para cantar e tocar temas tradicionais ao máis puro estilo festivo-tabernario.
Cristina é habitual dos Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco.
14:40 h. Xantar de leira.
16:15 h. Coloquio—debate sobre o cinema no rural.
18:30 h. Inauguración do «cinema Palleiriso» con música e cinema.
Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por Charlie Chaplin (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme).
21:00 h. Remate da xuntanza.