TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

08/03/14

«Primeirolhar» 2014



Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola Associação de Produção e Animação Audiovisual «Ao-Norte» de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de e Galicia, outorgan un premio de 1.000 € , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar o 4 de maio de 2014, dentro dos «XIV Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cine, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.

O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia e Portugal. O prazo esta aberto até o 28 de marzo de 2014.

A duración máxima do traballo fílmico é de 30 minutos, e pódese participar con cantos traballos desexen.

Máis información e ficha de inscrición en http://www.ao-norte.com/encontros/2014/primeirolhar.php


Cartaz «PrimeirOlhar 2014»

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»

Con tecnoloxía de Blogger.