TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly

23/02/19

A AGA concédenos o premio de honra «José Sellier» nos «Mestre Mateo»


A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu outorgarlle á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» o premio de honra «José Sellier», que cada ano recoñece iniciativas salientables no sector audiovisual.


Premio «José Sellier» – XVII Mestre Mateo 2018

O actual presidente da «Feciga» (cineclube Padre Feijoo), recolleu o galardón na xuntanza cos finalistas da XVII edición dos premios Mestre Mateo 2018, que se celebrou (o pasado venres 22) no Palexco da Coruña e no que asistiron os/as finalistas de todas as categorías, a directora da gala , e autoridades.
Con este premio, a quere poñer en valor aos cineclubes, que son un dos principais promotores da cultura cinematográfica perante a sociedade, subliñando que no seu ámbito, o audiovisual convértese nun elemento de debate e estudo, forxándose espectadores receptivos e críticos ca sétima arte.

Este premio especial quere honrar a figura do fotógrafo , nado en Givors (Auvergne-Rhône-Alpes, Francia) o 13 de agosto de 1850 e establecido na Coruña, procedente de Lyon (onde os irmáns Lumière dirixían a súa empresa foto-cinematográfica), por ser (segundo os xornais e revistas da época) o primeiro operador cinematográfico que rodou as primeiras imaxes en Galicia, na Coruña a partires de 1897, das que por desgraza ningunha non foi conservada.
Anteriormente, diversas entidades tamén recibiron o recoñecemento da AGA a súa traxectoria co premio «José Sellier» dentro da convocatoria anual dos premios do Audiovisual Galego «Mestre Mateo», como os de Vigo, a sala de Compostela e o .

A Academia Galega do Audiovisual (AGA) é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual (cinema, televisión, multimedia, publicidade, vídeo…), cuxa función é fomentar o desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa ou indirectamente co audiovisual en Galiza, promovendo e defendendo a imaxe pública do conxunto dos profesionais do sector, destacando a súa organización anual (desde 2002) dos .

O noso agradecemento polo galardón, que facemos extensíbel como merecedores de tal distinción a tódolos cineclubes de Galicia.



Galería de imaxes coa entrega do premio no Palexco da Coruña


  • © AIGI BOGA
  • © AIGI BOGA
  • © AIGI BOGA
  • © AIGI BOGA
Fotos: Copyright ©   


0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue e demáis sitios da «Feciga»

Con tecnoloxía de Blogger.