A primeira conclusión ao sondaxe efectuado pola Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é que o público avalía cun notable a súa programación e nun 80% prefiren os filmes en versión orixinal subtitulada (VOS).
A nosa intención, con esta enquisa, era obter unha primeira aproximación ou percepción que ten o público, sobre o traballo que desenvolven os cineclubes. Así, sobre a base dunha vintena de cuestións e por medio dun formulario web, preguntábase aos/ás asistentes que desexaron participar, preguntas sobre a preferencia por datas e horarios, que estimaban mellor para as sesións dos cineclubes aos que asisten, a avaliación da súa programación, instalacións, coñecemento do sitio web e onde obteñen principalmente a información da programación, que lles motiva para a súa asistencia, se desexan participar nalgún foro, proxección de curtas, filmes en versión orixinal subtitulada (castelán ou galego), orixinal ou dobradas… e se estiman que estas debesen ser de balde ou con algunha cota de acceso.
O traballo de campo desenvolveuse durante algo máis dun ano e participou de xeito totalmente voluntario o público dunha ducia de cineclubes (dos 19 que compoñen a «Feciga»). Os/as socios/as e seareiros/as do cineclube ourensán Padre Feijoo e do lugués Valle-Inclán participaron activamente (e por conseguinte a marxe de erro da enquisa é menor); por contra a participación do cineclube na comarca do Deza foi minoritaria.
Por destacar algunhas das cuestións expostas, no caso da asistencia, a gran maioría dos que asisten ás sesións (73%) son socios ou socias, de xénero maioritario feminino (62%), un 57% asisten a todas as sesións (a media de sesións celebradas é de 4 ao mes) e destes aínda hai quen asistiría a máis (18%), sobre un 43% que o fan á metade delas. Inflúe sobre a súa asistencia ás sesións, a sipnose ou a dirección do filme (59% e 49% respectivamente) e o desmotiva, a data (47%) e a duración (30%).
Sobre as proxeccións, os filmes en versión orixinal subtitulada (VOS) teñen o apoio maioritario, un 54% prefíreas en castelán e un 35% en galego.
Ligazón relacionada:
Presentación dos resultados [.pdf • 170 MB]




![Tabla resultados asistencia [Preme para ampliar a imaxe] Tabla resultados asistencia](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8bhvhY48iYaRAPnUk1PuFqOOts5eD5rf8gIzVa9kwJUcFgC2aRSPKXlBFlFi8u9BOcO538nV3F7tU99ag6WaKgfteJyi4z-1YVrNkmhmfi8aan5saZLggOKM9EopSrVBRRD-cMNadRpE/s1600/Tabla_Enquisa-Asistencia.png)
![Tabla resultados cota [Preme para ampliar a imaxe] Tabla resultados cota](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEizgi3cMHnAJoxG3NcypWWOF03TgxflaVxmLCfdp0TF6a0ne0ej9hkbVNvEcWacVfIlbdolsxgwn_RYq7iUbgZwExH97ZONot8DOQG3_k_hbG_XRnsapmMUUp6scqpyYi5odJ_JueToVMc/s1600/Tabla_Enquisa-Cota.png)
![Tabla resultados versión orixinal subtitulada [Preme para ampliar a imaxe] Tabla resultados versión orixinal subtitulada](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi5R6ui5EhTy_ZiMf3CosuUqAPoU2p5zkKCcVb9MNekNOoqzQmyzoZ6vFskb-8k004GNlZpsjKlRsgplAO7EP5Mh4ox-br7RrqEzBrkj5oI2jc1eNoa36fUjDygqycODgyl40wZCLBdbWU/s1600/Tabla_Enquisa-VOS.png)
![Tabla resultados avaliación [Preme para ampliar a imaxe] Tabla resultados avaliación](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgq3ZDZudwkx2KwhnYCoyrPj9be4oawbOzggXIhBa3NLJwM_gNoUUgYXdYcdZ5XRdKZSTvsW5IZ2jPBd7aiyvbiVXTg8CBZZV_skemVC9L59ZjqaquW1SsOIPsrHCEeEna9ieecDbtX_UU/s1600/Tabla_Enquisa-Avaliacion.png)
![Tabla resultados por cineclube [Preme para ampliar a imaxe] Tabla resultados por cineclube](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjmVuiJzpUz_EbSljGSNaOEKk6TF8KtRypOwsf-JjxQDO-jVUJgtQJmxHOlTvRO5asvV8p05gvt27m7dWnjXeJnIO1KjdKClRxuxNnZh2VedJJVsFIWV2MWeIISZ1SltYU1jsOXCldKyfU/s1600/Tabla_Enquisa-Cineclubes.png)


