O comunicado [.pdf · 87 kB] da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» en relación á Covid–19 enviado aos medios o 15 de marzo de 2020.
15/11/19
A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», súmase á campaña «En negro contra as Violencias», co gallo do día Internacional contra a violencia de xénero o 25 de novembro (25N).
Os cineclubes entenden que a loita contra as violencias e a procura da igualdade real entre homes e mulleres é unha cuestión de educación e que vai máis aló das campañas institucionais da Administración; por iso, coa colaboración e complicidade do director Álvaro Gago, programa as curtametraxes «Suc de Síndria» de Irene Moray e «16 de Decembro» de Álvaro Gago Díaz, nas datas, cineclubes e lugares que deseguido se detallan:
04/09/19
Cineclube Os Papeiros organizaou en Garabelos no cinema Palleiriso o pasado sábado 7 de setembro, unha nova xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, a segunda edición, onde contamos coa presenza de Bocixa, membros das plataformas contra a minería de Touro, Teo…, Belén Veleiro, o Señor Lili e Pulpiño Viascon (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar campestre e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra» II.
15/03/19
Neste encontro de cineclubes de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cinema, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.
O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos e alumnas das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia, Portugal, Brasil e países lusófonos. O prazo esta aberto até o 30 de marzo de 2019.
A duración máxima do traballo fílmico debe ser inferior a 30 minutos (excepcionalmente poderíanse presentar traballos que superen dita duración), podendo participar con cantos traballos desexen.
Máis información e ficha de inscrición en http://www.encontrosdecinema.pt/primeirolhar.php






