TopMenu

  • facebook
  • C
  • twitter
  • Subscríbete ao fío de noticias por medio de Feedly
Premio »Primeirolhar»

Premio «PrimeirOlhar»

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» outorga o premio «PrimeirOlhar» aos traballos documentais das escolas audiovisuais de Galiza e países lusófonos nos «Encontros de Cinema» en Viana do Castelo, Portual

Ler máis
A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense

Encontro de cineclubes 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia celebra un «Encontro de Cineclubes» en Ourense co gallo do 50 aniversario do cineclube Padre Feijoo…

Ler máis
A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans

Festival (expandido) de Cans · 2020

A Federación de Cineclubes de Galicia »Feciga» máis a Asociación Cultural Arela proxectan as curtas a competición do Festival de Cans nos principais cineclubes de Galicia…

Ler máis
Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid–19

Resumimos esquematicamente as normas de acceso, con seguridade, ás actividades desenvoltas polos cineclubes por mor da pandemia…


Ler máis
  • Premio «Primeirolhar» 2022
  • A «Feciga» celebran un »Encontro de Cineclubes» en Ourense
  • A «Feciga» e a AC. Arela organizan un circuito de proxeccións das curtas do Festival de Cans
  • Protocolo de seguridade nos Cineclubes de Galicia pola Covid

15/03/20



O comunicado [.pdf · 87 kB] da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» en relación á Covid–19 enviado aos o 15 de marzo de 2020.

15/11/19



A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», súmase á campaña «», co gallo do día Internacional contra a violencia de xénero o 25 de novembro (25N).
Os cineclubes entenden que a loita contra as violencias e a procura da igualdade real entre homes e mulleres é unha cuestión de educación e que vai máis aló das campañas institucionais da Administración; por iso, coa colaboración e complicidade do director Álvaro Gago, programa as curtametraxes «» de Irene Moray e «» de Álvaro Gago Díaz, nas datas, cineclubes e lugares que deseguido se detallan:

04/09/19



Cineclube Os Papeiros organizaou en no o pasado sábado 7 de setembro, unha nova xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, a segunda edición, onde contamos coa presenza de Bocixa, membros das plataformas contra a minería de Touro, Teo…, Belén Veleiro, o Señor Lili e Pulpiño Viascon (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar campestre e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra» II.

15/03/19



Como todos os anos, esta aberto o prazo de inscrición, ao premio «PrimeirOlhar», promovido pola de Viana do Castelo (Portugal), e no que os cineclubes de Galicia e Portugal, outorgan un premio de 1.000 € , para o gañador do dítame do xurado, a celebrar entre o 7—12 de maio de 2019, dentro dos «XIX Encontros de cinema de Viana do Castelo» (Portugal).
Neste de Galicia e Portugal, xunto con profesionais de cinema, alumnos de escolas, participan tamén escolas internacionais, (de xeito non competitivo) no que amosan os seus traballos e xeito de formación.

O obxectivo, é promover o documental entre os alumnos e alumnas das escolas de cinema, audiovisual e comunicación das escolas de Galicia, Portugal, Brasil e países lusófonos. O prazo esta aberto até o 30 de marzo de 2019.

A duración máxima do traballo fílmico debe ser inferior a 30 minutos (excepcionalmente poderíanse presentar traballos que superen dita duración), podendo participar con cantos traballos desexen.

Máis información e ficha de inscrición en http://www.encontrosdecinema.pt/primeirolhar.php


Cartaz «PrimeirOlhar 2019»
Con tecnoloxía de Blogger.